Usted está aquí

MONCHO BORRAJO CÓMICO, ACTÚA ESTA NOCHE EN EL TEATRO GARCÍA BARBÓN “Facer humor nos tempos que corren é como facer un exercicio espiritual”.

 Pasan os anos e Moncho Borrajo mantén a súa frescura e a súa chispa. Só unha conversa, que sempre resulta breve, demóstrao.

MONCHO BORRAJO CÓMICO, ACTÚA ESTA NOCHE EN EL TEATRO GARCÍA BARBÓN

“Facer humor nos tempos que corren é como facer un exercicio espiritual”

 Pasan os anos e Moncho Borrajo mantén a súa frescura e a súa chispa. Só unha conversa, que sempre resulta breve, demóstrao.

Moncho Borrajo.

A. BAENA. VIGO 12/01/2019 01:25 h.

Así, onte, a un día da súa actuación no García Barbón e co teatro cheo, compartíu a filosofía do seu espectáculo.
Chega co show ‘Borrajo perdido’, pero cando se perdeu?
En realidade era “+ perdido”, pero non lle puxeron o signo. Facer humor nos tempos que corremos é como  facer un exercicio espiritual. Saen ofendidos por todo. Agora equiparouse a liberdade de expresión coa liberdade de insulto. Non hai nada peor que a autocensura. Os galegos temos un sentido do humor tremendo, onde a gran arma é a retranca. Eu protesto contra a censura do que non é políticamente correcto.
Esa censura plásmase en procesos xudiciais como o aberto contra Dani Mateo?
É un problema, porque non se ofenderon polo feito de soar os mocos na bandeira, senon porque con isto tratábase como un trapo. Outro día fixen un chiste dun maricón e unha muller chamoume homófobo. Home! Se non me podo rir de min mesmo, que queda entón? Non hai outro máis maricón ca min. Neste país faise unha broma dun coxo e cabréase o que anda ben. Esta situación empeorou coas redes sociais, que permiten insultar sen dar a cara. Abríu a porta aos mediocres. 
“Borrajo perdido”, un Borrajo sen pelos na lingua.
Eu sempre me metín con todos. Como o tema do feminismo, o típico é preciso, o que loita polos dereitos que a muller se merece como ser humano, non polo feito de ser muller. Confúndese co detalle ou a elegancia de abrir a porta. A igualdade é outra cousa. A muller ten que ser feminina. A mín sácame de quicio os mariquitas afeminados. Eu sempre lles digo, os maricóns tamén somos homes, ou é que vos cortaron os collóns? O problema é que hai unha falla de cultura tremenda, canto máis culto se é, maior sentido do humor se ten. Hai moita frustración persoal.
Este show non só suporá o regreso ao teatro, senon tamén a Vigo.
Si, agora vivo en Tenerife. Tiña unha casa alí e era tontería ir só un mes. Pero manteño tódolos contactos de aquí. É moi emocionante actuar no García Barbón con todo vendido, despois de 47 anos de carreira, só o facemos Raphael, Serrat e eu. Aínda que o outro día non me nomearon nun programa da Sexta adicado aos 90, pero certo que eu casi non saía na televisión porque era irreverente con todo o mundo.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...