Usted está aquí

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 5 de marzo de 1888- Ourense, 10 de abril de 1976) é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, ca.1950.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 5 de marzo de 1888- Ourense, 10 de abril de 1976) é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega, personalidade sobranceira da chamada Xeración ou Grupo Nós, do que formaron parte entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, etc. O grupo recibiu tal denominación por constituirse ou referenciarse arredor da revista homónima (Nós) que se creou en Ourense en 1920 e que se publicou ata 1936, comezo da guerra civil en España.

O seu momento de maior esplendor produciuse no marco da Segunda República (1931-1936) cuns obxectivos estratéxicos que definiron a toda a xeración: afirmación da cultura galega nos ámbitos da modernidade, práctica constante da lingua galega como lingua culta en todas as súas manifestacións e formas de creación cultural e literaria, conexión con Europa e o pensamento contemporáneo, defensa da identidade nacional de Galicia, que denominaban “celula de universalidade”…

Otero Pedrayo pertence ao grupo de intelectuais que, sobre todo no primeiro tercio do século XX, construiron o que podemos denominar “a cultura galega da modernidade”. Ensaistas, narradores, investigadores da cultura popular e doutras formas de alta cultura, filósofos, activistas culturais e sociais, moitos deles participaron activamente na política do seu tempo, cuxa principal conquista foi o Estatuto de Autonomía para Galicia, plebiscitado polo pobo galego o 28 de xuño de 1936.

Ramón Otero Pedrayo, ca.1950.

A figura de Otero Pedrayo, que se desenvolve na biografía que se pode consultar nestas páxinas, atinxe moi diversas especialidades: novelista, narrador, poeta, ensaista, investigador da historia, xeógrafo, orador… A súa obra ocupa un espazo extraordinariamente relevante no ámbito cultural galego, cunha grande influencia nas xeracións que viñeron tras el. Patriarca das Letras Galegas, primeiro presidente da Editorial Galaxia, foco de resistencia galeguista durante a ditadura de Franco, o seu talente liberal e democrático, xunto co seu talento e a súa impresionante formación intelectual, constitúen unha referencia obrigada na historia da nosa cultura contemporánea.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...