Usted está aquí

A Rúa réndese ao deus romano do viño.

O Aguillón será escenario do 10 ao 11 de agosto de 2018, da quinta edición da BACOFESTA.

A Rúa réndese ao deus romano do viño

en En portada, Galerías de fotos, Última hora 11 de Agosto de 2018

O Aguillón será escenario do 10 ao 11 de agosto da quinta edición da Bacofesta

Sobre a antiga ponte da Cigarrosa, en plena Via Nova romana e entre os concellos da Rúa e Petín, arrancaba a V Bacofesta na tarde do 10 de agosto. O acto inaugural comezaba coa chegada das comitivas ataviadas con prendas propias da época imperial chegadas dende A Rúa, encabezada polo seu alcalde, Luis Fernández, e de Petín. Xuntas, procedían a inaugurar esta feira histórica de contido cultural, gastronómico e enolóxico que se desenvolverá ata o 12 de agosto na área recreativa do Aguillón rues e que ten como concello convidado a Vilamartín.

Dende a ponte, comezaba entón un percorrido a pé das autoridades, mentres soaba o ritmo do folión Os Viticultores de Vilamartín, ata o recinto da Baco Festa, onde se procedía á lectura do pregón a cargo de José Fernández, quen falaba da pegada romana en Valdeorras. Despois comezaban as degustacións de viños nas casetas das diferentes adegas da Denominación de Orixe Valdeorras.

A música é outro dos ingredientes do programa e así o sábado ás 13h. actuaba o grupo Star Blue e pola noite haberá un concerto de música dos anos 70-80 a cargo de La Jaula a partires das 23:30h.

O horario do recinto tanto o sábado coma o domingo será aproximadamente de 12 a 14:30 e de 19 a 23:30h. con diferentes actividades (xogos, obradoiro participativo de escribanía en letra romana, espectáculos de cetrería…).

A música ao vivo no mediodía do domingo correrá por conta do grupo Habana Vieja (13h.) e co xantar popular previsto para as 14h. sendo a charanga Takicardia quen se encargue de clausurar musicalmente esta edición da Baco Festa (ás 20h.) que pechará as portas en torno ás dez da noite.

 

Fotos: Torfy.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Restaurantes que recuperan antiguas recetas gallegasLa gastronomía gallega integra recetas con larga historia, entre cuyos ingredientes se...
La Coruña, conocida como «ciudad de cristal» por sus enormes cristaleras frente al mar, tiene aires de gran ciudad que se mezclan con el...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...