Se encuentra usted aquí

Repoblacion truchas rio seixo

suelta de alevines

CERDEDO

Balseiros prevé iniciar en 2012 a posta en valor da contorna do río Seixo


02/11/2011 - Blanca Paz (Cerdedo)

A media ducia de estanques e presas de regadío do río Seixo, recentemente arrombadas polos alumnos do Obradoiro de Emprego de Cerdedo, recuperarán a súa poboación de troitas a partir de principios do próximo ano, época en que a Xunta ten previsto realizar unha solta de miles de alevíns autóctonos de Galicia. Así o anunciou este mércores o alcalde, José Balseiros, tras reunirse en Santiago co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García- Borregón, con quen departiu sobre os avances no deseño do proxecto de dinamización turística previsto para a zona.

A recuperación da cativa de troitas será a primeira actuación da iniciativa que se acometerá o próximo ano no que, segundo precisou o rexedor, prevense máis intervencións, aínda que será a Xunta quen determine cales serán as prioritarias en función da capacidade de financiamento.

O proxecto estará ''concretado, con seguridade, no primeiro trimestre do vindeiro ano, coa valoración económica xa feita'', explicou Balseiros. A partir de aí, o Concello enviará unha copia ás administracións que puidesen colaborar tanto práctica como economicamente.

Os técnicos de Conservación da Natureza volverán visitar a zona ''dúas veces máis de aquí a finais de ano'' para perfilar detalles.

A intención do alcalde é pór en valor unha ruta natural duns 12 quilómetros na que existen unha trintena de muíños, parte dos cales se recuperarán.

Este verán veciños e turistas xa puideron percorrer, logo de corenta anos pechado pola maleza, o chamado 'Camiño dos Mortos', antigo viario utilizado para levar aos falecidos de Cavadosa a Cerdedo.

Entre as ideas da Administración local está tamén a construción dun paso elevado nas cataratas próximas ao nacemento do río e a recuperación do serradoiro da zona -que conta, ademais, cun muíño e unha 'forxa'- para convertelo nun centro de interpretación e nun museo. Así mesmo, proxéctase pór en funcionamento un dos muíños de Cavenca para que poida ser visitado por escolares. Ambas as infraestruturas son de titularidade privada, pero o Concello xa conta co compromiso de cesión por parte dos seus propietarios que, desinteresadamente, permitirán o seu uso durante anos.

A longo prazo

O investimento que se precisará para executar todo o proxecto será ''moi custosa'' e, polo momento, non se concretou ningunha axuda económica. Balseiros recoñece que a iniciativa é ''unha idea ambiciosa, pero para facela nos anos que sexa necesario, non nun nin en dous, para que sexa realmente unha actuación singular'', explicou.

''Non estamos falando dunha ruta pura e dura -aclarou-, é unha ruta excepcional porque reúne calidades extraordinarias difíciles de xuntar'', como o feito de contar con frondosos bosques autóctonos e zonas protexidas pola Rede Natura, que tamén serán debidamente sinalizadas.

Comentarios

Imagen de Duranso

Es una falacia que el Sr. Balseiros pretenda hacerse una foto, simulando la repoblacion de alevines de trucha en el "RioSeixo", teniendo en cuenta el abandono total desde hace años del cauce del rio y es un lastima pues hace +/- unos 50 años era un rio truchero, en donde en pozos como el "Pozo Sanguento" se han podido pescar truchas de mas de 1 Kg y en tamaños normales un buen día de pesca se podian pescar "2 - ducias de troitas".

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

En la actualidad se le está dando mucha importancia a la estética. Uno de los principales aspectos que fomentan es la sonrisa reluciente....
La marcha nordica, la mejor manera de hacer el Camino de Santiago ayudandose de dos bastones, con multiples beneficios para la salud....

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...