Usted está aquí

Fogar do Santiso leva á rúa do Franco a súa filosofía de Teo.

Abriu onte en Compostela un novo establecemento baseado na restauración responsable // Produtos ecolóxicos do campo, o mar ou o cortello son os reis da súa carta // Ofrecerá queimadas todos os sábados e os domingos.

Fogar do Santiso leva á rúa do Franco a súa filosofía de Teo.

Abriu onte en Compostela un novo establecemento baseado na restauración responsable // Produtos ecolóxicos do campo, o mar ou o cortello son os reis da súa carta // Ofrecerá queimadas todos os sábados e os domingos


José Santiso no novo local que dirixe na rúa compostelá do Franco pouco antes da súa festa de apertura – EL CORREO - FOTO: ECG  - REDACCIÓN

No ano 1996 nacía no Concello de Teo, concretamente na parroquia de Luou, o Fogar do Santiso, no que José Santiso traballou desde ben mozo. Non tardou en poñerse ó fronte cun obxectivo ben claro: cambiar o mundo trasladando nos seus pratos o respecto á terra, ó rural, á orixe...

Con esa filosofía foi ampliando os seus horizontes ata a apertura onte do Fogar de Galicia na rúa compostelá do Franco, no que é o seu quinto proxecto, xa que ó emblemático establecemente teense sumáronse despois o de Oleiros, o da rúa santiaguesa de San Clemente e a food track que agora ofrece os seus servicios en vodas.

Este proceso de crecemento ven motivado pola finalidade de ser u­nha empresa referente de economía circular: que pon en valor a aldea, que xera emprego local, que produce parte da súa enerxía mediante placas solares, que recicla case todos os seus residuos, que composta, que emprega biomasa galega, e que traballa coa meta de ir cara o residuo cero.

A evolución foi constante, desde o seu nacemento ata converterse nun exemplo de responsabilidade. Os vexetais cultívanse en Teo, en dez hectáreas de horta ecolóxica certificadas polo consello regulador, a cen metros do local orixinal.

Alí conta cun moderno centro de producción con cociñas, panadería, salas de despece e outros obra­doiros onde se procesa toda a materia prima, coma a que chega das lonxas coas que mantén desde hai anos un convenio de pesca sustentable ou o do proxecto gandeiro de 5.500 hectáreas nos montes de Ourense, onde se cría exclusivamente vacún de razas autóctonas galegas en perigo de extinción.

O modelo que achega agora á capital galega amosa a cociña nas brasas á vista no que case a totalidade do xénero está procesado na casa e axústase á tempada óptima de consumo.

Nun ambiente cálido e acolledor creado con mobles e materiais recuperados en edificios que ían ser derribados ou en fábricas abandonadas, o Fogar de Galicia combina dúas ofertas, unha de tapeo e outra na que se poden degustar verduriñas das súas hortas, carnes como a cachena ou a limiá e peixes e mariscos das rías galegas. E despois da xubilación de José Santiso, pai do actual cabeza visible, retómase a senda que o convertiu en referente galego das queimadas e foliadas, prendendo o lume nesta nova taberna tódolos sábados tanto ó mediodía como á noite e os domingos despois do xantar para espantar os malos espíritus e chamar polas meigas boas. E un bo exemplo pudo verse onte mesmo na festa de apertura na que non faltaron as gaitas.

José Santiso ben podería alcumarse como activista ecolóxico. Está convencido da súa filosofía e levaa tanto ó prato como á copa ou a taza porque todos os seus viños contan con esa cualificación.

Este profesional é novo pero confía en contaxiar a súa idea a quen a queira compartir. Os que pisen o seu local saberán o que levan á boca: un petisco con sabor a Galicia, tanto á súa terra como ó seu mar.

E ese xeito de ver as cousas vai acompañado por unha forte relación coa cultura e a tradición que combina á perfección co seu característico ambiente informal.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...