Usted está aquí

Guia para non perder nin un só magosto en Compostela

A festa das castañas espallase por todos os barrios durane o mes de novembro.

Guía para non perder nin un só magosto en Compostela

 

A festa das castañas espállase por todos os barrios durante o mes de novembro

 

A castaña asada é a gran protagonista da festa que acapara as axendas durante o outono - FOTO: Manuel G. Vicente

A castaña asada é a gran protagonista da festa que acapara as axendas durante o outono - FOTO: Manuel G. Vicente
 

 

L.EIRÉ. SANTIAGO   | 08.11.2017 

 

Novembro recende a castañas. É tempo de magostos. Asociacións veciñais, colectivos culturais, comunidades educativas e moitas entidades aproveitan esta época do ano para celebrar esa festa popular que, ademais de servir para exaltar o froito do outono, serve de escusa para compartir cos que están máis preto. Aí vai unha escolma -por orde cronolóxica- dos que están previstos en Compostela nos vindeiros días:

 

1. Magosto LGTB. Promovido por Avante LGTB y Avante Compostela Galiza, encherá de festa a zona vella este mércores 8 (21 h.). A celebrar no Cantón de San Bieito, haberá xogos, un obradoiro de malabares, castañas de balde e foliada.

 

2. Centro sociocultural (CSC) de Fontiñas. Organizado polo Colectivo Barriopia, terá lugar o venres 10 no espazo da rúa Berlín 13 (17.30 a 20.30 h.). A festa estará amenizada polos integrantes de Seteportas Altair. Previamente, o xoves 9 (17.30 h.), haberá un roteiro para coñecer as árbores autóctonas da contorna. Os participantes recollerán follas que despois empregarán para confeccionar un disfraz para o magosto. É preciso inscribirse no CSC.

 

3. Pontepedriña. A asociación de veciños encárgase de organizar a festa das castañas. Será o venres 10 (20 h.) no local sociocultural. O froito estrela poderase consumir de forma gratuíta, pero tamén haberá racións de callos (2,5 €) e bolos preñados (1,5 €). As bebidas custarán un euro. 

 

4. Fontiñas Dub Fest. Os veciños de Fontiñas teñen o sábado 11 outra oportunidade de gozar das castañas, desta vez no parque do Cotaredo (18 h.). De poñer a ton a festa ocuparanse MaisLume Kolektive e Locolocal Dub Mono.

 

5. Cidade da Cultura. No monte Gaiás xa é unha tradición sumarse os fastos do outono. Ademais de degustar o froito estrela cunha orixinal presentación, nas dúas sesións organizadas polo complexo haberá moita música. Na cita prevista para o sábado 11 (20 h.) actuará Susana Seivane, mentres que Luis Emilio Batallán poñerá banda sonora á celebración do sábado 18 (20 h.). As entradas están á venda (5 euros) no Museo Centro Gaiás e en ataquilla.com.

 

6. O Castiñeiriño. Os veciños da zona sur reuniranse para celebrar o seu magosto o sábado 11 (18.30 h.). Será no patio do antigo colexio e, ademais de castañas, haberá algún que outro petisco e moita música. 

 

7. CSC de Vite. Os veciños de Vite terán ocasión de gozar das castañas asadas na festa prevista para o vindeiro xoves 16 (de 17 a 20 h.). A entrada é gratuíta.

 

8. Anega. A Asamblea Nacional das Estudantes Galegas (Anega) repite na axenda e está a organizar o seu magosto para o vindeiro xoves 16 na praza 8 de Marzo (19 h.). Da música ocuparanse Dj Crebinsky, Underclock e Leo. As castañas serán de balde.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Restaurantes que recuperan antiguas recetas gallegasLa gastronomía gallega integra recetas con larga historia, entre cuyos ingredientes se...
La Coruña, conocida como «ciudad de cristal» por sus enormes cristaleras frente al mar, tiene aires de gran ciudad que se mezclan con el...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...