You are here

Ganadería «Quen traballa na gandaría extensiva debe ter un plus».

Sonia Vidal, que xestionará a área de mulleres na coordinadora europea La Vía campesina, defende a soberanía alimentaria e o coidado do medio ambiente que dá este modelo.

Ganadería

«Quen traballa na gandaría extensiva debe ter un plus»

Sonia Vidal, que xestionará a área de mulleres na coordinadora europea La Vía campesina, defende a soberanía alimentaria e o coidado do medio ambiente que dá este modelo

https://cflvdg.avoz.es/sc/1fLz3AfiiJN0h7XhxTaSxytmJuI=/x/2019/06/14/00121560522420687162598/Foto/OJ15C12F1_1.jpgAgostiño Iglesias  - Maite rodríguez  - ourense / la voz 15/06/2019 05:00 h

Ser muller e labrega nunca foi fácil, nin en Galicia nin no resto do mundo. O problema da titularidade das explotacións, aínda maioritariamente en mans masculinas, segue aí, tanto aquí como no resto de Europa. Ben é certo, matiza a nosa protagonista, Sonia Vidal, que as mulleres labregas ou gandeiras en países menos desenvolvidos aínda teñen problemas moito máis graves. Pero para defender, entre outras cousas, a titularidade compartida no caso das parellas que traballan man a man nas explotacións familiares, Vidal xestionará a área de mulleres na coordinadora europea de La Vía Campesina e será corresponsable da área de mocidade.

Sonia Vidal forma parte desta coordinadora como membro do Sindicato Labrego Galego (SLG), unha das 182 organizacións internacionais, de 81 países, que conforman La Vía Campesina, un movemento que loita pola agroecoloxía, a soberanía alimentaria, a xustiza climática e os dereitos dos campesiños. Vidal vén de participar nunha xuntanza de traballo en Bucarest (Romanía), na que analizaron os resultados das eleccións europeas. Neste ámbito, Vidal advirte do «perigoso para a muller» que é o avance da extrema dereita en toda Europa.

A representante do SLG na coordinadora europea di que os problemas de Galicia que observa no sector é que «o modelo galego para os labregos que traballamos e para os mozos que se están intentando incorporar non ten saída. Estamos traballando para que esta profesión teña relevo xeracional, son precisas políticas distintas. Non todo poden ser macrogranxas e explotacións industrializadas; tampouco teñen que desaparecer, pero hai alternativas sostibles e viables».

«A xente dicianos que lles trouxeramos as vacas aquí porque lles estaban entrando as herbas nas casas» No seu caso, combina os dous modelos. Teñen unha explotación en extensivo con 33 animais que se alimentan en sesenta hectáreas de montes de Xunqueira de Ambía, que están recuperando «pouco a pouco» e axudando a limpalos. «A xente dicíanos que lles trouxésemos as vacas aquí, que as silvas estaban a entrarlles nas casas», afirma a gandeira desde a localidade dos Casares. Pero advirte que este modelo, que defende con intensidade, pois permite «limpar o monte, vivir no rural, dinamizar as aldeas e respectar a natureza», obrígaos a estaren moi pendentes de recibir a subvención da PAC (Política Agraria Común). «Non se pode deixar de solicitar por se che vai mal nalgún momento do ano», di. Como alternativa, e para gañaren estabilidade económica, a parella ten unha explotación en intensivo dentro da cooperativa Coren.

«Hai que facer unha ordenación do territorio onde todos teñamos cabida. Non dicimos que todos se dediquen á agricultura, pero ten que estar máis fomentada porque isto é un servizo ao medio ambiente», sostén Vidal. Na coordinadora europea teñen falado xa de defender isto como prioridade para a futura PAC. En canto se constitúa a nova comisión de agricultura, La Vía Campesina vai incidir nesas demandas. En Galicia as axudas medioambientais están vinculadas á PAC, afirma Vidal, e durante dous anos estivo «nun limbo».

Este colectivo, asegura a representante ourensá, ten o apoio da FAO, que vén de declarar a década da agricultura familiar -que promove o acceso aos recursos naturais, os mercados inclusivos ou a seguridade nutricional- e faise oír en institucións como o Parlamento Europeo ou a Comisión. «Insistindo vanse conseguindo cousas», recoñece. «A nivel persoal, creo que o das subvencións non está ben. Cada produción ten que ter un prezo que ten que dar para vivir. Quen traballa na gandaría extensiva ten que ter un plus».

Quen é. Gandeira afincada nos Casares (Xunqueira de Ambía). Membro do Sindicato Labrego Galego, que a propuxo para o comité da coordinadora europea de La Vía Campesina.

Que fai.Levará a xestión da área de mulleres e tamén estará na de mocidade para trasladar problemáticas do sector ás institucións.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...