Usted está aquí

Plan de conservación para o berce da Ribeira Sacra

Tratase do mosteiro de Montederramo. É unha iniciativa da Conselleria de Cultura e da Deputación de Ourense

Plan de conservación para o berce da Ribeira Sacra

Trátase do mosteiro de Montederramo// É unha iniciativa da Consellería de Cultura e da Deputación de Ourense.

ALEJANDRA MÁRQUEZ OURENSE

O Plan Director do mosteiro de Santa María de Montederramo permitirá levar a cabo actuacións de conservación e iniciativas para o desenvolvemento sustentable deste espazo, berce da Ribeira Sacra, co obxectivo de “analizar o estado actual do edificio e as melloras que se deben realizar para potenciar turística e culturalmente este recinto do patrimonio histórico da provincia de Ourense”, explicou onte o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, participou na presentación do Plan Director que desenvolve a Xunta de Galicia para este recinto do patrimonio histórico ourensán.
Baltar dixo que a Ribeira Sacra “é unha das contornas de Galicia de maior riqueza patrimonial, histórica e natural, na cal a Deputación de Ourense está a traballar coa Xunta de Galicia, coa Deputación de Lugo e cos concellos deste territorio para acadar o recoñecemento de Patrimonio Mundial por parte da Unesco, unha distinción á que, sen dúbida, contribuirá a xoia medieval do mosteiro de Montederramo”, destaca o presidente do goberno provincial.              
Pola súa banda, Román Rodríguez anunciou que, ademais do investimento de 101.415 euros xa realizado na redacción do plan e nas primeiras actuacións, “a Consellería de Cultura ten previsto encargar un proxecto para realizar actuacións de mellora dos espazos que ocupaba o antigo CEIP e das condicións de accesibilidade para as visitas culturais do mosteiro”.
O conselleiro lembrou a Chamoso Lamas, quen cualificara Montederramo como “o máis descoñecido dos vellos mosteiros galegos”, destacando “que se trata tamén dun dos máis sobranceiros bens cos que conta a nosa terra”, e explicou que as actuacións realizadas e previstas contribuirán a dar apoio técnico ao Concello para que poida solicitar unha ­subvención con cargo ao 1,5% cultural.

 

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...