You are here

Boiro descubre no remeiro olímpico Franco Cobas ó seu máis ilustre deportista.

Leerá o pregón co que, este serán dende o balcón da Cachada, se darán por iniciadas as celebracións Como recuperado do fallado da memoria, a organización das festas de verán de Boiro descubreu a Franco Cobas González, un boirense que é, sen dúbida, o máis ilustre deportista da localidade. Poucos sabían que bogou nos Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e ten un amplo e variado palmarés.

Boiro descubre no remeiro olímpico Franco Cobas ó seu máis ilustre deportista.

Leerá o pregón co que, este serán dende o balcón da Cachada, se darán por iniciadas as celebracións Como recuperado do fallado da memoria, a organización das festas de verán de Boiro descubreu a Franco Cobas González, un boirense que é, sen dúbida, o máis ilustre deportista da localidade. Poucos sabían que bogou nos Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e ten un amplo e variado palmarés.


MONCHO ARES
RIBEIRA 04/07/2002 07:00 h

Os boirenses terán este serán a oportunidade de coñecer a Franco Cobas González, persoa da que poucos veciños sabían que tivo o seu berce na vila. Foise de Boiro con nove anos -así o dixo nunha recente entrevista que concedeu a Xosé Manuel Triñanes en Radio Boiro- pero ten marcadas lembranzas da súa infancia que fará públicas no seu pregón e que son a mellor proba das súas raíces.Si o feito de ser boirense é un plus suficiente para que protagonice o acto inaugural das festas, o seu extenso palmarés confirma o acerto da comisión, que, por fin, optou por cachear na memoria para localizar a tan importante persoeiro, en vez de na televisión, como nos últimos anos.Ademais de remeiro do Real Club Náutico de Vigo, donde acadou as máis altas cotas, tamén conseguíu destacables rexistros en cross, como atleta do Celta. É árbitro internacional de remo desde 1987, exercendo a función nos Xogos Olímpicos de Barcelona i en outras importantes citas. A súa traxectoria foi recoñecida con ata sete distincións. Ocupou -ou aínda ocupa- máis dunha decea de cargos federativos. É perito mercantil de profesión e colaborador de prensa.El mesmo suliña que «era o fillo do boticario de Boiro» Francos Cobas Lamas, quen foi alcalde da vila entre os anos 1941 e 1943. Na entrevista concedida a Radio Boiro, o pregoeiro asegurou que o acto deste serán lle causou unha enorme ilusión «e unha gran responsabilidade, porque para min Boiro é o meu berce, recordos infantís...».

 

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...