A Cofradía da Misericordia-Gremio de Mareantes de Cangas acaba de lanzar a súa publicación anual correspondente a 2026, unha obra que recolle a memoria de actividades do pasado ano e adianta o calendario de celebracións para a próxima Semana Santa.
Os exemplares do tradicional «Libro de Irmáns», unha edición duns 200 páxinas, xa poden recollerse en varios puntos da vila. Os martes e venres pola mañá estarán dispoñibles no posto instalado na rúa Eugenio Sequeiros, mentres que os domingos poderán adquirirse de 11:30 a 13:30 horas nos arredores da igrexa excolexiata de Cangas. Tamén poderán retirarse en horario de tarde na Casa de Novenas durante os días laborables.
A publicación ten como obxectivo dar a coñecer a actividade desenvolvida pola cofradía ao longo de 2025, ao tempo que pon en valor o patrimonio, a tradición e a vida relixiosa da localidade. O volume está amplamente ilustrado con fotografías dos arquivos de José María Pérez Santoro, Borja Brun, Lolo Meiga, David Martínez, Andrés J. Rodríguez, Ana Martínez e Olalla Bernárdez García, que documentan procesións, actos litúrxicos e diferentes actividades culturais e sociais.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Un repaso polas celebracións de 2025
Entre os contidos destaca un amplo reportaxe gráfico sobre as celebracións e eventos nos que participaron os membros da cofradía durante o último ano. Préstase especial atención a festividades como a Candelaria, San Xosé, Corpus Christi, a Virxe do Carmen, San Xoán Evanxelista ou a Sagrada Familia, ademais dos actos propios da Semana Santa, como as procesións da Santa Cea e do Santo Encontro, a función do Desenclavo, o Velatorio do Corpo Santo ou a tradicional Hora Nona.
O libro recolle tamén outros momentos destacados do calendario confrade, como a exposición «Cerviño na Semana Santa de Cangas», celebrada o pasado mes de agosto; a popular «Sardiñada de verán» do mes do Carmen; a visita á Semana Santa de Ferrol; ou a presentación do libro «Semana Santa de Cangas I: Figuras» do investigador Borja Brun.
Programación da Semana Santa 2026
Ademais da memoria anual, a publicación inclúe a programación completa dos actos relixiosos previstos para 2026, con especial protagonismo para as celebracións pascais e as festividades dos patróns da cofradía, San Xosé e a Virxe do Carmen. Os lectores poderán consultar nas súas páxinas o calendario detallado de cultos, procesións e celebracións previstas para a próxima Semana Santa.
O volume ábrese cun saúdo do actual párroco baixo o título «Semana Santa: tempo de graza e conversión». Tamén incorpora os textos dos pregóns pronunciados por Agarimo Fandiño Lorenzo en 2019,
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora





