You are here

Galicia afiánzase como destino turístico de calidade e competitivo tras o balance de 2018.

  Román Rodríguez ve como oportunidades para o sector o AVE e o Xacobeo 2021 // Melloras no gasto e no emprego.

Galicia afiánzase como destino turístico de calidade e competitivo tras o balance de 2018

Román Rodríguez ve como oportunidades para o sector o AVE e o Xacobeo 2021 // Melloras no gasto e no emprego

Román Rodríguez, no centro sorrindo á cámara e acompañado de José Manuel Cores Tourís, a esquerda, e Manuel Vila López, a dereita, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo - FOTO: Xunta de Galicia

EL CORREO – 6.2.19 - JUAN DAVID PONTEVEDRA.

 

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo onte balance da actividade turística en Galicia en 2018, nun almorzo informativo celebrado en Pontevedra onde salientou que os resultados acadados polo sector afianzan á Comunidade como un destino cada vez máis competitivo e de maior calidade, dous dos principais obxectivos aos que o Goberno autonómico dedica as súas políticas nesta materia.

En total, Galicia rexistrou preto de 4,8 millóns de visitantes que realizaron un total de 10,2 millóns de pernoitas nos distintos establecementos de aloxamento regrado. Como afirmou, trátase do segundo mellor resultado da serie histórica, que se produce en paralelo a unha mellora nos aspectos vencellados á repercusión económica e cualitativa deste sector.

Román Rodríguez subliñou que esta consolidación está a producirse despois dun lustro de intensos crecementos nos que a demanda turística medrou un 27 % na Comunidade. Malia que esta suba foi xeral, destaca o avance do turismo internacional, do 44 % tal e como reflicten os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), base fundamental do balance presentado polo conselleiro. Neste sentido, comentou a necesidade de traballar con fontes sólidas e fiables que permitan avaliar o resultado dos plans e proxectos no eido turístico.

En conxunto, fixo así unha valoración "moi positiva" do 2018 para o turismo en Galicia. Na súa opinión, foi un ano no que Galicia avanzou "en obxectivos que deben ser obxectivos de todos, non só da Xunta, tamén do resto de administracións e do propio sector".

 

Ao respecto, asegurou que estes resultados "non serían posibles sen a intensa colaboración público-privada mantida nos últimos anos e, sobre todo, sen o esforzo dos profesionais do sector".

Rodríguez tamén sinalou que Galicia debe prepararse para as "oportunidades" que se presentarán nos próximos anos coa chegada do AVE á comunidade, prevista para 2020, e coa celebración do Xacobeo 2021, que atraerá a millóns de persoas de todo o mundo.

O conselleiro estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra, María José Echeverría; o secretario xeral técnico da consellería, Manuel Vila, e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro.

12 puntos máis de ocupación. Galicia mantén a oitava posición a nivel nacional no número de turistas e destaca a súa progresión en aspectos como a estadía media. De feito, foi a Comunidade cunha mellor evolución neste sentido.

O tempo que os turistas pasan en Galicia medrou preto dun 3 por cento mentres que no conxunto do Estado caeu un 1,8 %. A ocupación, cun lixeiro ascenso, volveu marcar máximo histórico e xa está 12 puntos por riba do resultado acadado en 2012.

"Os turistas que chegaron a Galicia decidiron alongar a duración da súa viaxe. E isto, inevitablemente, débese a que atopan motivos para continuar máis tempo. Gústalles o que se lles ofrece e optan por permanecer", declarou o titular de Cultura e Turismo.

"Mellorar en todas as variables inflúe no desenvolvemento de Galicia, inflúe na nosa riqueza e inflúe no noso emprego", indicou Rodríguez. Por iso, como manifestou a continuación, "é tan importante coidar do turismo e traballar pola súa mellora permanente".

Especial interese amosou polo destacado avance na distribución dos viaxeiros durante todo o ano. En concreto, a tempada baixa medrou un 8,2 % despois de que os maiores incrementos de turistas se deran nos meses de outono-inverno.

Este feito propiciou que a tempada media-baixa supoña o 63,4 % da demanda fronte ao 36,6 % da tempada alta. Isto é, como sinalou o conselleiro de Cultura e Turismo, que seis de cada dez turistas que visitan Galicia o fan fóra dos meses centrais do verán. "A nosa estratexia de desestacionalización funciona", declarou.

No referido ao emprego, Román Rodríguez destacou que o número de ocupados no sector turístico aumentara un 5,2 %, cunha suba da taxa de asalariados de 2,8 puntos.

Rodríguez detallou tamén os datos por territorios, cun 41 % da demanda na provincia de Pontevedra, seguida dun 40 % na Coruña, un 12 % en Lugo e un 7 % en Ourense, o territorio que rexistrou unha progresión máis salientable no volume total de viaxeiros. Entre os sete destinos urbanos, Santiago de Compostela (1,3 millóns de pernoitas), A Coruña (955.000) e Vigo (822.000) amosan os niveis máis elevados, seguidos de Lugo, Pontevedra e Ourense en cifras moi similares, nos tres casos por riba dos 200.000, e Ferrol (113.000).

Os xeodestinos. Román Rodríguez fixo fincapé na progresión de zonas con gran potencial de desenvolvemento, como Celanova-Limia (+18,7 %), Mariña Lucense (+4,4 %), Ferrolterra (+1,4 %) ou Ría de Muros e Noia (+1,4 %), xunto a outras como Ría e Terras de Pontevedra (+2,2 %), Ría de Vigo e Baixo Miño (+1 %) ou A Coruña-As Mariñas (+0,5 %).

Entre os principais mercados de procedencia dos viaxeiros, o conselleiro resaltou, no plano internacional, as achegas de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia, Francia, Reino Unido, Irlanda e Países Baixos. Mentres, no ámbito nacional sobresaen Madrid, Castela e León, Andalucía, Asturias, Cataluña, País Vasco e Valencia.

O 69 % da demanda turística correspondeu cos establecementos hoteleiros, cun mellor comportamento entre aqueles de maior categoría. Así, mentres os hoteis de catro e cinco estrelas rexistraron un 3,2 % máis de viaxeiros, as pensións de 1 estrela retrocederon un 19 %.

Neste sentido, Román Rodríguez puxo o acento no feito de que a aposta pola calidade ten recompensa. Por iso, lembrou, a Xunta vén de poñer en marcha o Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos, coa implicación de cinco departamentos autonómicos, para modernizar esta oferta e impulsar a súa dixitalización, accesibilidade ou sustentabilidade. O Goberno galego xa abriu as dúas primeiras liñas de subvención, dotadas con 4 millóns de euros, que prevén beneficiar ao longo deste ano a máis de 500 establecementos.

"Queremos axudar ao sector a incrementar a categoría dos seus establecementos, con máis e mellores servizos, con instalacións máis adaptadas e máis sustentables desde o punto de vista ambiental, porque sabemos que isto repercutirá nos seus negocios", sinalou.

Impulso ao turismo rural. Nese eido acadouse un máximo histórico de turistas cun aumento do 68 % no último lustro. Non obstante, o conselleiro avanzou o seu interese por impulsar máis este segmento, para o que a Xunta traballa nunha nova estratexia.

Por último, Román Rodríguez comentou as cifras do Camiño de Santiago, no que se selaron un 8,6 % máis de Compostelas. A suba sostida de peregrinos é común á maioría das rutas xacobeas, en especial a algunhas como o Camiño Portugués da Costa, cun 89 por cento máis.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...