Mulleres homenaxeadas no 8-M de Mos. | // D.P.
O Concello de Mos celebrará este domingo ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso o acto central da programación municipal do Día Internacional da Muller, unha cita que este ano estará dedicada ás pioneiras da música do municipio baixo o lema «A música é nosa».
O evento quere recoñecer e poñer en valor o papel das mulleres que, ao longo dos anos, contribuíron a construír a identidade musical de Mos, abrindo camiño en ámbitos nos que durante moito tempo a presenza feminina foi minoritaria.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca que «Mos é música e forma parte da nosa identidade colectiva. Con este acto queremos recoñecer ás mulleres que, con talento, esforzo e valentía, fixeron posible que a nosa tradición musical chegase ata hoxe».
Durante o acto realizarase unha homenaxe simbólica a través de representantes de diferentes ámbitos musicais, que simbolizan o labor de moitas outras mulleres que contribuíron ao desenvolvemento cultural do municipio.
No ámbito da dirección musical, serán recoñecidas Inés Lorenzo, primeira directora da Banda de Música Xuvenil de Torroso, e Ángeles Lorenzo, directora da Banda de Música Xuvenil de Torroso e primeira directora do Conservatorio e Escola de Música de Torroso.
No apartado vocal e artístico, o acto contará coa presenza da recoñecida cantante Uxía e do grupo Malvela, referentes da música tradicional galega. Tamén se recoñecerá o traballo das pandereteiras Marisé Balado e Ana Senlle, así como das gaiteiras Rocío e Alicia, distinguidas no festival Abrente Folk como pioneiras e que continúan transmitindo a tradición como mestras e gaiteiras na Asociación Veciñal Nosa Terra Pereiras.
No ámbito das rondallas, o recoñecemento recae nas directoras Irene Anta e Lorena Castro, referentes na dirección destas agrupacións tan representativas da tradición musical mosense.
Formará parte tamén desta homenaxe Ángeles Davila, directora da Coral Ventos do Val e docente na Escola de Música de Torroso, polo seu labor continuado na dinamización cultural.
No ámbito da formación musical, serán destacadas Vicky Pérez, mestra de música no CEIP Atín-Cela, e Raquel Domínguez Senlle, docente no CEIP de Petelos, polo seu traballo na educación musical e na transmisión de valores a través da música ás novas xeracións.
Xunto a estas representantes das pioneiras da música presentes no acto, o Concello de Mos quere tamén facer extensivo o recoñecemento a todas as mulleres que forman parte da súa historia musical, como Ana Belén de Pianagrama, primeira profesional do piano no municipio; Pili Lorenzo, primeira gaiteira tamén recoñecida no Abrente Folk e cantante de coro nas igrexas; Lucía, do grupo As Maimiñas e directora da escola de música Maison; as vocalistas Antía Caride e Érika Lewis; Mikaela, empresaria musical e cantante de orquestra; Marta Quintana, arpista; o grupo As Lagharteiras; Cari, de Tangaraño; ou Bea Ialma, entre outras.
O acto contará tamén con diferentes actuacións musicais que acompañarán o desenvolvemento da homenaxe. A pianista Lía Sáez interpretará varias pezas ao piano ao inicio e durante o evento, e o grupo Arume ofrecerá unha actuación musical no transcurso da tarde.
Un dos momentos centrais da xornada será o coloquio coas representantes das homenaxeadas, no que compartirán experiencias, lembranzas e reflexións sobre o papel das mulleres na música e na cultura local.
A cita concluirá cunha actuación final do grupo Malvela, pechando unha tarde que pretende ser un recoñecemento colectivo á memoria, ao talento e á contribución das mulleres á cultura de Mos.
Segundo destacou a alcaldesa, Nidia Arévalo, «este acto é un exercicio de memoria e de xustiza. A música de Mos tamén leva nome de muller, e o presente musical que hoxe gozamos é posible grazas á entrega e ao talento de todas elas».
Paralelamente ao acto central, a Biblioteca Pública Municipal María Magdalena impulsa «O club da calceta: tecer palabras, tecer comunidade», un proxecto inspirado na novela homónima da escritora galega María Reimóndez que se prolongará durante os meses de marzo e abril, cunha sesión semanal os xoves en horario de 19:00 a 20:30 horas.
A iniciativa nace coa vontade de crear un espazo seguro e participativo para as mulleres do ámbito rural, no que a calceta se converte nunha ferramenta de diálogo, memoria colectiva e reflexión sobre a experiencia de ser muller. Con esta proposta, o Concello de Mos procura revalorizar eses espazos informais de transmisión de saberes, situándoos no centro dunha biblioteca comprometida coa igualdade e coa cohesión social.
O formato de cada sesión estruturarase en tres momentos: calceta compartida, como elemento facilitador da conversa; lectura de fragmentos da obra ou doutros textos vinculados á realidade das mulleres; e un diálogo aberto sobre temas como a vida no rural, o traballo invisible, os cambios xeracionais, os coidados, a autonomía e a comunidade. A actividade está dirixida a mulleres sen límite de idade e non require saber tecer de antemán, xa que a aprendizaxe formará parte do propio proceso, favorecendo o intercambio entre xeracións.
O proxecto clausurarase o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, cun acto aberto á veciñanza que servirá de peche festivo e comunitario.
O Concello de Mos aposta así por un 8M con identidade propia, centrado no talento e na memoria das mulleres do municipio, e na transmisión de referentes para as novas xeracións.
## 8-M coas pioneiras da música, tecido comunitario e lectura
## O acto central estará dedicado ás mulleres que marcaron a música de Mos
## TEMAS
## Tui conmemora o 8 de marzo reivindicando xustiza e igualdade
## 8-M de reflexión interxeracional no Porriño
## «Baiona Lila 2026», un 8-M con música, teatro e igualdade
## Redondela reivindica a «Palabra de Muller»
## Tomiño homenaxea ás mulleres referentes
## Gondomar programa pola igualdade
## Nigrán implícase co 8-M cun mes de cultura e reivindicación
## 8-M coas pioneiras da música, tecido comunitario e lectura
Fuente original: Faro de Vigo | Publicado: 07/03/2026 03:00
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora