jueves, 26 de febrero de 2026 | Galicia, España

Luís Alonso Girgado: "Non creo que a Cunqueiro lle interesase moito o día a día" – Galicia Universal

Segun informa El Progreso:

Español

Luís Alonso Girgado: «Non creo que a Cunqueiro lle interesase moito o día a día»

O vindeiro Cunqueiriano de Honra, que recibirá o seu título este sábado, é un dos seus máis sentidos seguedores e estudosos xa desde que escoitou os seus relatos pola radio sendo un neno
Luís Alonso Girgado, próximo Cunqueiriano de Honra. AEP
Luís Alonso Girgado, próximo Cunqueiriano de Honra. AEP

Fala con moito cariño do seu paso polo instituto Xoán Montes de Lugo onde lembra que se fixeron «cousas interesantes» e tamén do seu excompañeiro e exalcalde Pepe Orozco. Pero cando fala de Cunqueiro sáelle case sen querer a gran sabiduría que amorea sobre o autor mindoniense. Como se enfocou o seu traballo coa obra de Cunqueiro? Dirixín proxectos no público e no privado. O privado foi en Follas Novas de Santiago, que moi xenerosamente propiciou polo menos dúas series de xornais, un en La Noche, que era culturalmente falando o mellor que houbo en Galicia na súa época. E outro foron case 300 activos da revista Sábado Gráfico que naceu en Madrid pero estivo en varios sitios e aí Cunqueiro estivo moitos anos e esa serie son case 300 pezas narrativas. É información de Galicia nunha serie que se chama ‘Los días de la noche’. Na parte pública, coa Xunta, no centro Ramón Piñeiro fixemos varios libros sobre el de prosa solta, que a min me interesa moito e son prólogos, epílogos, artigos diversos, pero sempre moi achegados a Galicia. A parte de prosa solta que escribíu interésame moito: prólogos, epílogos, cargas, artigos diversos…» Este nomeamento colleuno por sorpresa? Moito, porque o único sitio onde me distinguiron porque son boa xente é no Diario de Ferrol, onde me deron un galardón, unha distinción polo traballo nese xornal, concretamente nas páxinas de Nordesía, que é o suplemento que aínda existe. Este recoñecemento achégao aínda máis á figura do escritor? Si, naturalmente. Eu estiven en Lugo cinco ou seis anos, no IES Xoán Montes e aí tamén entrei en contacto con el desde varios puntos de vista, pero sobre todo as novelas del, as máis divulgadas, as máis coñecidas, aínda que non entro niso porque non me gusta molestar aos libreiros e non me parece axeitado desde unha instancia pública entrar a perxudicar a alguén. Pero sempre hai no ámbito dos escritores unha serie de pezas que non entran nos supostos de lectores ‘normais’, aínda que sexan bos lectores, porque son máis privados, de orde máis íntimo, máis persoal, que non cubren a venda de posibles lectores dun gran escritor coma Cunqueiro, que é un escritor oceánico porque empezas polos xornais, revistas libros e segues por teatro, poesía… é un mare magnum o que fixo. Eu creo que Cunqueiro pensaba que o xornal era un medio de transmisión moi fuxitivo, moi do día a día» Cando se empezou a interesar pola súa obra? Mira, vou decir algo que non dixen a ninguén, pero eu empecei a saber quen era Cunqueiro por RNE na Coruña, cando tiña 11 ou 12 anos. Había un programa que se chamaba ‘Hoy en Galicia, por Álvaro Cunqueiro’ e a min, que sempre fim moi afeccionado á radio é o cine gustábame a voz daquela locutora que leía os textos del, que casualmente eran cousas que pasaban, cando el sempre tivo o seu ámbito no tempo pasado. Me parece que pouco lle interesaba o día a día, seguramente porque pensaba que o xornal é un medio de transmisión moi fuxitivo, moi do día a día.  Que lle parece a súa capacidade como observador? Da cociña, da botica, nas viaxes… Bueno, eu non sei se todo iso o sacaba da observación ou da fantasía. Non entendes como se consegue facer algo con iso que el aconsella. O ámbito da literatura fantástica é o seu. É un narrador que cando aquí non se facía máis que socialrealismo el facía literatura fantástica. E onde se facía tamén? En Cataluña. Por iso el publicou case sempre en Destino. Aí tiña xente que estaba na súa onda e gustaba aos escritores que cultivaban esa fantasía. Aquí a xente estaba no que algún malpensado, que sempre os hai e nas letras tamén, chamaba a ‘Xeración da Berza’, polos socialrealistas, porque parece como que na prensa non se podía facer iso e liano catro gatos e mesmo podían ter algún problema, como Juan Marsé en ‘Si te dicen que caí’, un libro que publicaron en Cataluña e aquí non se puido ler ata anos despois.  Os temas que trataba eran dunha cantidade abismal. Ao mellor algún tamén era inventado, porque falaba de cousas que se me escapan» Segue vixente aínda a lenda mesturada cos seus episodios biográficos que a miúdo el alimentaba? Bueno, aí habería que andar moi dentro del, pero non me extrañaría nada a xulgar polos temas que trataba, que son dunha cantidade abismal. Ao mellor algún tamén era inventado porque claro, desas cousas das que fala el a min se me escapa. Falaba de reises, pantasmas, xentes do medievo, de Mesopotamia e claro, iso non había onde consultalo. Agora niso tes que facer notas a pé de páxina porque non podes darllo así aos lectores, que se perden. Rúa Ribadeo 5, Lugo • Tlfno: 982 29 81 00 • (Grupo El Progreso)

Fuente original: El Progreso | Publicado: 26/02/2026 04:00

¿Buscas una Inversión Segura?

Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual

Solicitar Información Ahora

Compartir esta noticia

A

Administrador

Periodista de Galicia Universal. Especialista en A Mariña.