Todo estaba listo na carpa instalada na Rúa Atalaia de Foz para acoller este domingo a xuntanza anual de maiores, que este ano contou cun novo récord de participantes, 743. «Moita xente vén por primeira vez, antes non se animaba pero agora si e nós estamos moi contentos», recoñecía a concelleira de Servizos Socias, Ana Rojo, que pon en valor esta cita como un xeito de recoñecer o esforzo de toda unha vida. «Organizamos, coidamos e personalizamos cada detalle do evento nos protagonistas, os nosos maiores», indica e destaca a implicación dos maiores na festa. «O noso desexo é que eles vaian contentos e cada ano anímase máis xente e iso é unha satisfacción».
A xornada empezou cunha sesión vermú á que seguiu a comida servida polo catering Chao de Brea, que contaba cun postre da pastelería local Anduriña. Ao remate da comida houbo sorteos de agasallos entre os participantes e tamén se distinguiron á muller e ao home máis lonxevos. Nesta edición foron Nélida Marful, de 97 anos, que recibiu unha cesta de flores e Balbino Pinto, de 93 que tivo de agasallo unha manta de sofá. O baile animou a tarde ata case a noite nun ambiente cheo de alegría.
O alcalde focego, Fran Cajoto, recoñecía que fora unha xornada «moi especial na que falaron, comeron, compartiron e bailaron e na que desfrutamos todos con esa pequena homenaxe». «Estamos encantados de que cada ano veñan máis persoas, así o obxectivo de compartir está cumprido».
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Segundo destaca a concelleira de Servizos Sociais con este encontro o Concello buscar reforzar lazos entre a poboación sénior de todas as parroquias «coa pretensión de poñer en valor aos maiores, evidenciar a súa importancia na contribución a un pobo máis diverso, premialos recoñecéndolles o esforzo de toda unha vida de traballo e de participación no desenvolvemento da actvidade laboral do pobo, dándolles o seu lugar na memoria colectiva do municipio».
Rojo quixo facer unha mención especial ás mulleres, «piar fundamental na economía, desempeñando un rol que combina traballo produtivo coa xestión do fogar, aportando así un diñeiro moi esencial para axudar nos gastos do propio fogar, ademais da dedicación e coidados á familia».
## Foz celebrou unha xuntanza de maiores moi esperada e con récord de participantes
## Un xeito de reforzar lazos entre a poboación sénior
Fuente original: El Progreso | Publicado: 02/03/2026 04:00
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora