Sábado, 12.00 h. O programa comeza co showcooking na Praza dos Campos que poderá ser seguido polo público que a continuación poderá degustar as tapas elaboradas polos cociñeiros participantes. A asociación Mistura tamén ofrecerá ourizo cocido e os locais participantes (O Noso Lar, As Titas, Bodega de Ana, O Faro, El Puerto, A Penúltima, Maruxaina e Habana) ofrecerán diferentes variedades. O ambiente ao mediodía estará amenizado por Fol do Raxal e pola tarde coas charangas Fuego Street Banda e Os Atrevidos.
Sábado, 23.00 h. Velada coa orquestra Cordosom. Na Praza dos Campos.
Xoves, 18.00 h. A docente Mercedes de Santaló dará unha conferencia baixo o título 'Educar en liberdade: límites e normas'. No salón de plenos do concello.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Xoves, 20.30 h. Conferencia de apertura con Francisco Javier Sampedro Costas baixo o título 'Anotacións sobre a historia e a arte da Semana Santa'. Na sala multiusos do concello.
Venres, 20.30 h. Homenaxe a Víctor Costa da Banda Naval de Viveiro. No teatro Pastor Díaz.
Sábado, 18.30 e 20.30 h. Concerto de Carlos Núñez. Na igrexa de San Francisco.
Sábado, 19.00 h. Baile a cargo do dúo Venus. No salón de actos do conservatorio.
Sábado, 00.00 h. Concerto do Grupo Beatriz con previa a cargo de DJ Seijido e actuación de Black Label DJ ao rematar. Entradas á venda en woutick.
Venres, 20.30 h. Talía Teatro representa 'Un deus salvaxe', na que dous matrimonios, adultos e civilizados, se atopan para resolver un incidente protagonizado polos seus dous fillos pequenos. Entradas a 5 euros. Na Sala Bahía.
Venres, 20.00 h. Inauguración da exposición '30 anos de historia', presentación do cartel da celebración e pregón a cargo de Modesta Ben López. Na casa da cultura.
Venres, 17.30 h. Yolanda Penas Varela presenta 'El corazón sensible'. Na biblioteca El Viejo Pancho.
Venres, 20.30 h. Presentación do libro 'Coventículo' de Eva Moreda. Presentará o acto o presidente da asociación cultural Francisco Lanza, Farruco Graña, e intervirán a autora e o crítico literario Javi Gómez. Na biblioteca.
Luns, 17.00 h. Proxección do documental 'En todas as mans', sobre os montes veciñais en man común da cineasta de Redondela Diana Toucedo. No centro sociocomunitario.
Mércores, 17.00 h. Proxección do filme 'Barbie'. No centro sociocomunitario.
Venres, 19.00 h. Apertura das inscricións na Praza da Catedral. A partir das 21.00 h, pinchada para as persoas inscritas e festa a partir das 21.30 h con Puzzle. Ás 23.00 h, concerto de Keepers e a continuación A Sala.
Sábado, 12.00 h. Apertura de inscricións, na Praza da Catedral.
Sábado, 13.30 h. Sesión vermú co dúo Belinda, seguida de xantar na Praza da Catedral.
Sábado, 16.00 h. Xogos con Puzzle.
Sábado, 18.00 h. Exhibición con Cuadrado Stunt. Na Rúa Viñas da Veiga, enfronte do colexio.
Sábado, 20.30 h. Ruta das fachos pola cidade.
Sábado, 23.00 h. Festa con DJ Pedro Brmudez, seguido da actuación da orquestra Principal, para volver Pedro Brmudez e finalizar con A Sala.
Domingo, 10.00-12.00 h. Almorzo para as persoas inscritas e saída de ruta libre.
Domingo, 14.30 h. Xantar para as persoas inscritas na Finca San Antonio.
Sábado, 21.00 h. Trípode pon en escena 'Desequilibrados'. Na casa da cultura.
Xoves, 10.30 h. Introdución ás técnicas de bordado a través de pequenas pezas. Non é necesaria experiencia nin coñecementos previos. Prazas limitadas. Na biblioteca. Inscricións ata o mércores nos teléfonos 982.55.90.19 e 608.69.40.51.
Domingo, 12.00 h. Manifestación feminista organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade xunto a outras asociacións de mulleres e coa colaboración do Concello, con saída do aparcadoiro municipal.
Domingo, 20.00 h. Teatro do Noroeste representa a obra 'Manual de patronaxe'. No auditorio.
Domingo, 17.00 h. Andaina con saída do centro cívico para a que se fan inscricións no departamento de servizos sociais.
Domingo, 18.30 h. Chocolatada e recoñecemento ás primeiras emprendedoras do municipio. No salón de actos.
Domingo, 14.00 h. Xuntanza de Mulleres cunha comida con baile no restaurante Louzado de Área. O menú estará composto por aperitivos, mariscos, carne con guarnición e sobremesa e haberá un sorteo sorpresa. O prezo do cuberto é de 35 euros. As inscricións están abertas ata o mércores no departamento de servizos sociais.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora


