jueves, 26 de febrero de 2026 | Galicia, España

Luís Celeiro, escritor: "Este libro serviralle á xente que quere saber do mundo" – Galicia Universal

📖 3 min de lectura

 Cando empezaron as aventuras de Tía Manuela en El Progreso, que centran o libro que presenta en Ribadeo?
O primeiro artigo do libro foi o primeiro que se publicou en El Progreso en agosto de 2015. Este martes pasado publicouse o 601. Así que son algo máis de dez anos, semana a semana sen perder ningunha, pero no libro recóllense ata 2020 e deses fíxose unha selección e aparecen 160. No primeiro trato o problema dos lumes e o último tamén vai das lamentacións sobre os incendios. É curioso que en dez anos non se moveu unha soa palla. É dicir, o do 2015 podía ser perfectamente o de 2025. Perfectamente. 

A Tía Manuela sempre defende a verdade?
A Tía Manuela é un personaxe que hai en case todos os pobos, e eu que son de aldea sempre vin unha persoa con gran uso do sentido común, con predicamento dos feitos que, efectivamente, reivindicaba verdade e esixía comportamento normal da poboación e das autoridades políticas. E tamén das eclesiásticas. Hoxe, a Tía Manuela é unha apelación ao uso do sentido común.

Dixo neses artigos dos políticos: 'Se hai que facer bobadas, fanse'. Estamos nese punto?
Fan de todo pola súa supervivencia. Case todo o orientan á súa supervivencia no cargo, no posto… Interesa máis seguir en primeira liña, na lista de deputados que facer o que se debe facer pero quedar fóra do Parlamento.

CONTENIDO PATROCINADO
Playa Privada Salado Resort

Salado Golf & Beach Resort

Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.

Conoce más →

Os seus artigos reflicten un gran humanismo. Vese vostede así?
Home, bueno, eu o que quero facer é dar voz a quen a necesita. E quen a necesita son os humildes. As clases máis desprotexidas, os máis vulnerables que son igual que os outros e precisan voz e altavoces que dean a coñecer as súas formas de vida, inquedanzas… que son moitas. Nós estamos nunha Galicia na que o mundo rural está desaparecendo e a maior parte da administración e da e política despreocúpase diso: casas derrubadas sobre si mesmas, gandeirías, vexetación, os montes… Toda a nosa Galicia de hai uns anos, a Galicia que foi vai esmorecendo de forma 
esaxerada.

Que valor lle dá ao articulismo fronte aos tuits?
Creo que é unha arma que favorece a loita que teñen que levar os vulnerables contra os poderosos. É o xornalismo axudando a reflexionar e o pensamento non vai desaparecer, ao contrario.

E aos libros?
Os libros penso que están mudando. Estamos nunha etapa na que a xente está imbuida desas mensaxes curtas, por titulares… Pero outra vez collerá corpo, E iso faise cun artigo máis ou menos longo, con libros de pensamento, coa filosofía, coas matemáticas, coa música… Non será obxecto de gran uso maioritario, pero si de uso cotián e por xente que quere estar e saber do mundo en que está.

Na presentación estará ben acompañado.
Si, si, Xosé María Palmeiro e eu compartimos moitas inquedanzas e loitas moitísimos anos. E Javier Rivera é un gran xornalista. E estarei encantado con Begoña Sanjurjo, que me invitou.

## Luís Celeiro, escritor: "Este libro serviralle á xente que quere saber do mundo"

Fuente original: El Progreso | Publicado: 26/02/2026 04:00

Ver noticia original →

¿Buscas una Inversión Segura?

Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual

Solicitar Información Ahora

Compartir esta noticia

A

Administrador

Periodista de Galicia Universal. Especialista en A Mariña.