CONTIDO:
Edición anterior do Salón do Automóbil de Vigo. / Jose Lores
O próximo mércores, día catro, abrirá as súas portas unha nova edición do Salón do Automóbil de Vigo. Nada máis e nada menos que a súa trixésimo quinta edición.
O evento desenvolverase no Recinto Feiral de Vigo (IFEVI), que ocupará máis de 20.000 metros cadrados e contará coa presenza de 55 marcas de automóbiles, récord na historia do evento.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Perfil comercial e novidades do salón
Como foi desde os seus inicios, o Salón do Automóbil de Vigo é un evento cun marcado perfil comercial. Os concesionarios acoden con grandes ofertas en todos os seus modelos para poder realizar o maior número posible de vendas.
Ademais dos descontos e dos modelos, os concesionarios facilítanlles aos clientes todo o necesario para a adquisición do vehículo, é dicir, financiación e seguro.
O Salón do Automóbil contará este ano con 55 marcas de automóbiles, récord na historia do evento. / Jose Lores
Como ocorre todos os anos, son moitas as novidades que se presentan no Salón do Automóbil. Non podemos esquecer que neste arranque de ano son moitas as novidades que se teñen presentado.
Moitas delas non estarán porque resulta moi complicado, xa que moitos deles están estes mesmos días presentándose aos medios de comunicación especializados.
Presenzas destacadas e primicias
O salón contará cunha presenza excepcional, o Tesla Cybertruck, un modelo practicamente imposible de ver en España. Non está homologado para a súa comercialización en Europa, polo que quen desexe posuílo debe importalo desde Estados Unidos e sometero a un proceso de homologación individual.
Cada unidade presente en territorio europeo é, por tanto, unha auténtica rareza. O seu deseño futurista e o seu carácter disruptivo convérteno na gran estrela desta edición e nunha oportunidade única para contemplalo de cerca en Vigo.
Un dos grandes atractivos desta edición será a presenza de primicias de varios modelos que poderán verse no salón. Entre elas o BMW iX3, Jeep Compass, KIA EV2, Alpine A390, Toyota C-HR +, Renault Clio, Dacia Sandero, MG ZS, Fiat 500 Hybrid, Honda Prelude ou o DS Nº 4.
Participación internacional e actividades paralelas
O crecemento das marcas asiáticas será un dos grandes protagonistas do salón, con 23 firmas confirmadas, reflexo do cambio de tendencia do mercado e do interese crecente por vehículos con alta relación calidade-prezo e forte aposta tecnolóxica.
As marcas europeas, pola súa parte, manteñen o seu peso estratéxico con 27 fabricantes presentes, moitos deles con lanzamentos recentes e renovacións clave. A oferta complétase con tres marcas americanas que achegan diversidade e personalidade ao conxunto.
Ao redor do evento haberá moitas outras actividades. A Escudería Rías Baixas, organizadora do Rally Rías Baixas, a proba automovilística de referencia na cidade volverá estar presente no evento.
No seu stand, ademais de promocionar a próxima edición do rally, os afeccionados poderán gozar dunha destacada selección de vehículos de competición, entre os que sobresaen un Porsche 911 GT3 e un Škoda Fabia Rally2, dúas auténticas máquinas deseñadas para a máxima esixencia deportiva.
As marcas europeas manteñen no salón o seu peso estratéxico con 27 fabricantes presentes. / Jose Lores
Concentración Porsche e expectativas do evento
A XIV edición da Concentración Porsche volve un ano máis ao Salón do Automóbil de Vigo. Os vehículos chegarán a IFEVI ás 11:00 horas do sábado 7 de marzo e, ás 12:00, dará comezo a ruta.
Estarán estacionados no aparcadoiro situado antes da entrada ao pavillón, á man dereita, lugar habitual de concentración. Prevese a participación de aproximadamente 30 vehículos.
O 35º Salón do Automóbil de Vigo preséntase, así, como unha edición récord non só en número de marcas, senón tamén en contido: máis primicias, máis novidades e máis opcións para o visitante nun mercado que avanza con rapidez cara á electrificación e á mobilidade eficiente.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora