
Entrevista | Antía Muíño Cantautora galega
Antía Muíño vén de publicar «Anfibia por veces», o seu segundo disco. / Raso
Co seu primeiro álbum optou a un premio MIN e o single «Carta aberta» supera o millón de escoitas no Spotify.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →A cantautora galega Antía Muíño regresa con «Anfibia por veces» (Raso Estudio, o mesmo de Baiuca), un disco cunhas sonoridades que namoran o corazón.
Registra tu dominio
Dominios .com, .es, .net y más de 500 extensiones. DNS gestionado incluido.
Buscar dominio →O 5 de marzo, actuará no Principal de Compostela e o 27 no Jofre, de Ferrol.
Reflexión sobre a identidade e o disco
—Séntese ‘anfibia por veces’?
É o título dun tema no que reflexiono sobre a identidade, sobre o meu lugar no mundo e na terra que habito.
Alude á humidade, á auga, á choiva. Pero tamén o escollín por outra connotación. O anfibio vive en distintos elementos en principio antagónicos.
O disco busca distintas sonoridades e todas forman parte de min sen disfraz aínda que hai moito contraste sonoro e letrístico.
Hai temas intimistas e introspectivos e outros son unha celebración da vida. É o reflexo da vida.
Melancolía, amor e celebración
—Pero fala de que lle doe a aterra, de que sente dor, do tempo…
Hai momentos de melancolía non como tristura senón como unha ollada consciente ao pasado, ao presente pero con optimismo.
Son unha persoa tendente á melancolía e á nostalxia pero son optimista. Ás veces, dóenme certas cousas pero teño que atopar os espazos de alegría para aprender a vivir con iso.
—O amor está presente pero semella que foi deixando un atrás.
Pode ser amor romántico, á terra ou a amizades. «Amor fugaz» é unha canción de despecho pero irónico sen drama intenso.
Por iso o pensei como un pasadoble, como algo máis bailable.
O tempo, o presente e a creación musical
—Tamén sobresaen cuestións sobre o presente con referencias a «esta vida tan estraña» ou ao tempo lento que se necesita en contraposición coa voráxine.
As reflexións acerca do presente do momento no que vivimos é algo que forma parte das miñas letras.
Para min, escribir é un bálsamo, unha maneira terapéutica de expresar o que sinto.
Hai moitas cousas do mundo moderno coas que non me sinto cómoda ou identificada. Son cero amiga das présas e da voráxine.
Canto a vivir lento, a vivir con atención, para ter unha mirada consciente. Aí é onde podemos atopar a felicidade.
É imposible illarse porque eu son filla do meu tempo e estou nas redes e na industria pero trato de buscar un equilibrio. A música é unha maneira de levalo a cabo.
Gravación, liberdade e tradición
Quería traballar con el para fuxir dalgúns clixés da música de autor ou folc pero sen perder a miña esencia.
El é moi respectuoso e ten moitos referentes. Ademais gravamos case todos os temas en directo con todos os músicos na sala.
Si, e é complicado e non é habitual. Ten os seus pros e os seus contras.
Pero respiras unha organicidade na gravación, nótase que estabamos xuntas tocando. Quizais hai algunha imperfección pero é un elemento de valor engadido.
—Agradezo este disco porque faise necesaria outra viraxe para o tradicional que conviva co tradi puro e o electrotradi.
O importante é atopar no que cada unha se sinta cómoda. Na diversidade, está a beleza da nosa escena galega.
Neste disco, os instrumentos son reais. O tema «Augha desa fonte», con Lilaina, construíuse en base ao minimalismo con cantareiras e instrumentos tradicionais.
Conseguimos que tivese forza sen nada máis. Ese era o obxectivo. É unha chamada de atención de que se pode conseguir enerxía e movemento en base ao acústico.
—Sentiuse libre para este segundo disco?
Importa como se vai recibir porque eu vivo disto e quero que chegue ao maior número de xente posible; pero traballei sempre dende a liberdade.
É imposible traballar con expectativas alleas: nunca sabes a quen vai gustar.
Te puede interesar:
- Ministerio de Ciencia refuerza tel. para títulos extranjeros
- El tiempo en Moraña: previsión para hoy, sábado 7 de marzo
Te puede interesar:
Turismo en Galicia — 6.500+ establecimientos y planes
Albergue en Sarria — Camino de Santiago desde Sarria
Imperial Perlas — Joyería y complementos
¿Planeas visitar Galicia?
Encuentra hoteles, apartamentos y casas con las mejores ofertas
Buscar alojamiento en Hotels.comAcumula sellos · Consigue noches gratis
Publicidad
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.