Ilustración de «Persépolis», da iraní Marjane Satrapi / FDV
O tornado agocha no gas dos seus segredos o funcionamento implacable da vida e da morte.
É como o armario da avoa no que procuras ‘non sabes que’ para atopar preguntas sen resposta.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Se algún día chego a ter netas ou netos e a miña mente xa non está presente, que conclusións sacarán das miñas pistas?
As lembranzas de Persépolis
Cando os seus dedos se crucen coas páxinas de Persépolis, da iraní Marjane Satrapi, ninguén lles explicará que –tras case 20 anos despois de velo no cinema e ler o cómic– seguen visitándome viñetas del na cabeza.
Marjane adolescente, exiliada en Austria trala Revolución Islámica para salvar o pelexo, durmindo nun banco no inverno dous meses; Marjane á busca de comida entre o lixo en Viena; Marjane ante o espello horas antes de regresar a Teherán co pano xa na cabeza e a liberdade suada baixo el.
Mais sobre todo, o seu amigo Farzad convertido en sombra e caendo entre edificios ao fuxir dos Gardiáns da Revolución.
Unha vida entre guerras
A súa, como a de millóns de iraníes, é unha vida entre guerras herdada nos séculos: a invasión árabe e a mongol; o reparto do seu petróleo entre a URSS e Inglaterra; o imperialismo da man do sha e a revolta contra este polas súas masacres e as torturas.
A invasión que sufriron de Irak e os oito anos bélicos.
Represión e inxustiza actual
Dende a revolución do 1979, os tulipáns (símbolo nacional) seguiron a tinguirse de vermello co sangue da ‘xustiza divina’, a mesma que segue a aplicar a Garda Revolucionaria hoxe.
O último informe de Amnistía Internacional, do 2024, sinala que abundan as condeas de flaxelación e mutilacións.
As nenas poden forzalas a casar con 13 anos; as mulleres que conducen perséguenas e poden confiscarlle o coche.
Na prisión de Evín, Narges Mohammadi (que vén de ser encarceada) e as súas compañeiras sufriron e sofren torturas.
Un futuro incerto para Irán
Porén, a operación Furia Épica de Estados Unidos e Israel contra Persia non é xustiza terrestre para a poboación iraní, senón unha maldición máis contra este pobo.
O 21 de marzo, celebrará co arranque da primavera o novo ano persa, cos pétalos dos tulipáns rachados.
Como sinalaba o personaxe do pai de Satrapi en Persépolis: «Mentres haxa petróleo no Oriente Medio, non coñeceremos a paz».
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora