Está en marcha a 43ª Feira do Viño de Chantada, a primeira no calendario destas celebracións na Ribeira Sacra, que vivirá este domingo a súa xornada grande tras dous cheos de público, tanto o venres como o sábado.
Coa xente pasándoo en grande na carpa da Praza de Galicia, o certame xa agarda polas adegas gañadoras. Participan 13 este ano.
Cata oficial e primeiras impresións
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Para iso tivo lugar a cata oficial. Celebrada no auditorio municipal e dirixida polo sumiller local Bruno Lovelle, o panel compuxérono oito profesionais do sector, que foron degustando os viños e decantándose polos seus preferidos.
As primeiras valoracións apuntaron a uns tintos "moi redondos e cunha madurez que non é a habitual nas datas nas que nos atopamos". Así o apuntou Andrea Obenza, enóloga das denominacións de orixe Ribeira Sacra e Rías Baixas.
En cambio, para a súa compañeira Loreto Blanco, docente de sumillería en servizos de restauración no centro integrado de Formación Profesional (Cifp) de Vilamarín (Ourense), estas variedades precisan "un pouco máis de tempo", aínda que indicou que se lles nota "moita froita e moita frescura".
Os brancos resultáronlle interesantes pola súa "calidade homoxénea, destacan un par deles".
O xurado profesional
O panel completárono Lucía Carballeira Lois, da Asociación Galega de Enoloxía; Juan Manuel Posada-Curros Buendía, da Asociación Galega de Enoloxía e profesional da adega de Rías Baixas Martín Códax; Jorge Vila, diplomado Wine & Spirit Education Trust (WSET) e director de Galicia Wine Academy; Fani Rodríguez Alves, da Asociación Galega de Sumilleres e delegada comercial da adega Familia Torres; Pedro Villamarín González, vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres; e Gelín Fernández, membro do comité de cata do consello regulador de Ribeira Sacra.
Novidades e ambiente na feira
Unha das novidades deste ano é que a cata popular se sacou da carpa para levala tamén ao auditorio. Na entrada a estas instalacións, un público máis selecto gozou dun Túnel do Viño.
Foi o caso de Ana Fontán, chegada desde Barro (Pontevedra). "A cata está moi ben organizada. En brancos gustounos moito xa un dos primeiros que probamos, pero os mencía do ano están aínda pouco feitos", destacou.
Moitos coincidiron en que o traslado do sábado ao venres da actuación da agrupación tradicional da Casa da Música explica o cheo da xornada inaugural, maior do habitual.
Programación musical e xornada final
Este sábado actuaron os gaiteiros Os Barrios, o grupo Searas, a banda de música de Chantada e as charangas Unión Phenosa e Louband.
A xornada final comezará co grupo Castro Candaz (11.30), a charanga NBA (12.00) e a banda de gaitas do Concello de Chantada (12.30). Ás 12.50 lerase un manifesto polo 8-M e ás 13.00 arrancará o pregón do cómico Roberto Vilar. Ao rematar entregaranse os premios ás adegas.
Pola tarde, encarando o fin de festa, haberá máis música de charanga na carpa, con NBA e Bandiños Band. Dende as 21.00 horas, a guinda poñeraa a orquestra Saudade.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora