O sindicalista Anxo Lúa co cartel da protesta.
A CIG convocou unha manifestación para o día 10 con motivo do Día da Clase Traballadora. Unha xornada de «mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e ser un pobo con dereitos». Sairá ás 19.30 horas desde a praza de Galicia para desembocar na Casa do Mar, onde se lerá o manifesto.