A comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense, afronta as primeiras semanas despois do maior incendio rexistrado en Galicia cun paisaxe que doe á vista e á memoria. Os focos que se iniciaron a tarde do mércores 13 de agosto entre Seadur e Larouco calcinaban en poucos días máis de 30.000 hectáreas, arrasando aldeas enteiras e deixando a comunidades como a de San Vicente (Vilamartín) cun 80% das súas vivendas destruídas.
Como se desatou e se combateu a catástrofe
Os primeiros avisos falaban dun lume «pequeno» arredor das 19:00 do 13 de agosto. Veciños como Lucas Presedo, de Seadur, lembran que a mañá seguinte parecía controlado ata que a tarde trouxo calor e, sobre todo, vento. Foi entón cando as chamas cruzaron cara a Petín e a situación desbordouse. Neste avance imparable o lume non respetou límites administrativos: afectou a concellos ourensáns —Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubíá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras— e chegou mesmo a Quiroga (Lugo) e a municipios bercianos como Oencia.
A resposta ao desastre foi masiva e heteroxénea. O dispositivo oficial reuniu a 54 técnicos, 245 axentes, 319 brigadas, 254 motobombas, 12 pás, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros, 15 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Dez días despois do inicio, e tras un traballo esgotador, o incendio foi declarado estabilizado e, posteriormente, controlado. Non obstante, os focos de calor e a imaxe aérea de montes ennegrecidos deixaron claro que a contención non é o mesmo que a recuperación.
No terreo, a loita foi tamén dos veciños. Moitos critican a tardanza dalgúns medios, e ante a ausencia de recursos organizaronse con tractores, cisternas e mangueiras. É o caso de homes e mulleres que, sen máis ferramenta que cubos de auga, logrouron frear chamas en aldeas illadas ata que chegou unha motobomba. Ahmed, de Cernego, subiu a pé o 16 de agosto ata a súa aldea dende a gasolineira onde traballa para tentar apagar o lume: «Se non estivese aquí, o pobo ardería», lembra; esa frase resume a mestura de anguria e determinación que viviron decenas de pequenas comunidades.
Unha paisaxe e un patrimonio devastados
As cifras agrarias e materiais impresionan: en San Vicente quedaron reducidas a cinzas 120 das 150 vivendas —un 80%— e unhas 90 construcións non residenciais como adegas, alpendres e palleiras. Dende o aire, as viñas que tradicionalmente dan carácter a Valdeorras serviron en moitos puntos como cortafogos natural e evitaron que a cifra de destrucción fose aínda maior, segundo os propios veciños. Esa circunstancia, con todo, non evita que o paisaje mudase de xeito drástico: o que eran ladeiras verdes hoxe amosa un manto negro no que apenas asoman treitos de vexetación que comezaron a rebrotar co paso das semanas.
Ademais da perda material, hai golpes simbólicos que pesan. En O Barco, a igrexa parroquial ardeu, un golpe que mobilizou á comunidade. A veciña Manola Rodríguez conta como, tras intentar protexer a aldea regando cada vinte minutos, viu como o lume saltou ata os loureiros do cemiterio e alcanzou o seu tellado. Foi atendida por un ataque de ansiedade e a súa casa, finalmente, foi salvada por Protección Civil, pero a igrexa quedou danada.