Recollida de tarugos en Cambados, a pasada fin de semana. / Noé Parga
Os colectivos Limpiarousa, Surfrider España, Proxecto aMARte e Adega organizaron a pasada fin de semana o chamado «Tarugotón 2026», é dicir, a segunda recollida simultánea de «tarugos», que é como se coñece aos paus ou paos empregados nas cordas de cultivo do mexillón.
Unha acción de voluntariado con impacto
O resultado desta nova acción de voluntariado social foi satisfactorio, pois retiráronse das praias nada menos que 23.000 deses obxectos plásticos que, tanto se están enteiros como xa partidos, constitúen un foco de contaminación preocupante.
A ría de Arousa Sur, a máis afectada
E resulta que máis da metade, exactamente 12.536 deses tarugos, foron recuperados nas praias de Arousa Sur (O Salnés), tradicionalmente a máis castigada de Galicia pola arribada de tales obxectos, dado que esta ría é tamén a que acumula maior cantidade de bateas.
Participación e outros residuos retirados
Explica Adega que participaron en toda Galicia arredor de 600 persoas voluntarias.
Para engadir que ademais de paos de batea puideron retirar todo tipo de lixo mariño empurrado á beira polos últimos temporais.