A Praza da Inmaculada de Tui amosa a súa nova imaxe | J. BERNÁRDEZ
O Concello de Tui concluíu onte a plantación das catro árbores que substitúen os tileiros que foron talados na Praza da Inmaculada por recomendación de dous informes técnicos que instaban á súa retirada polo seu deficiente estado sanitario e estrutural; un deles mesmo con risco de caída ao ter sido atacadas as súas raíces por un fungo. As novas especies de plantas corresponden a catro exemplares de acer palmatum, tamén coñecido como arce xaponés palmeado.