O Concello inicia a vindeira semana as obras de reparación de muros danados polos sucesivos temporais rexistrados este inverno en Camiño Igrexa (Valladares), Vista do Mar (San Xoán do Monte), Cantabria, 300 (Teis), Baixada á Praia (Saiáns) e Traída das Augas (Teis).
Obras de emerxencia por seguridade
O alcalde avanzou que as actuacións de mellora foron aprobadas polo Goberno municipal por vía de emerxencia por motivos de seguridade.
Explicou que o Concello revisa continuamente a situación das estruturas e dos muros e executa as obras no momento en que detecta as anomalías.
Traballos rematados e próximos proxectos
Lembrou que xa remataron as obras nos muros do campo de fútbol de As Relfas e no do parque de Navia.
Entre as actuacións que se atopan en fase de adxudicación, están as de Valle-Inclán, Igrexa-Valadares e Galindra.
Súmanse outras dúas en fase de proxecto: Villalaura e CEIP Mestres Goldar.