Mondoñedo converteuse no epicentro dos afeccionados ao mundo das motos non só de Galicia e de Asturias, senón practicamente de toda España pois a concentración motera Ruta N-634, A Invernal, volveu amosar o seu poder de convocatoria durante toda a fin de semana.
Xa o venres pola tarde e nas primeiras horas da noite notouse a gran animación cos participantes nesta concentración que foron chegando.
Gran afluencia na Praza da Catedral
Foi este sábado, porén, cando se xuntou un maior número de participantes que cubrían por completo a Praza da Catedral e que participaron en gran número das diversas propostas que plantexou a organización durante practicamente todo o día.
Así, desde a sesión vermú co dúo Belinda e o xantar na Praza da Catedral a asistencia foi continua.
Actividades nocturnas e festa
Outra proposta das máis espectaculares é a ruta con fachos deste sábado á noite e xa a última hora, unha cea para inscritos na Finca San Antonio antes de pasar a unha festa verbena con DJ Pedro Brmudz.
Despedida da concentración
Para este domingo está previsto un almorzo e unha ruta libre desde as once para regresar á unha e media á Praza do Concello con tempo de tomar algo antes do xantar que porá o punto e final a esta concentración de motos.