CONTIDO:
Unha das protestas despregadas en Catoira. | IÑAKI ABELLA
Tras nove meses de protestas semanais –cada mércores– ás portas do centro de saúde, os integrantes da plataforma creada en defensa da sanidade pública do Concello de Catoira aínda teñen forzas para máis.
Convocatoria á asemblea xeral
Esta vez para convocar ao pobo vikingo a unha asemblea xeral a celebrar o mércores próximo, ás seis da tarde, na Alameda do Concello.
Motivos da reunión
A razón deste encontro non é outra que tomar decisións sobre as novas medidas de presión a adoptar para manter viva a súa reivindicación, xa que «a praza de pediatra segue baleira e o substituto só acode ao centro de saúde catro horas».
E non só iso, senón que «nin sequera cobre toda a axenda, como se aprecia ao comprobar que nas citas en liña hai ocos».
Preocupación polo futuro do centro de saúde
Aducen os convocantes que «isto altera as estatísticas e é unha excusa para que o Sergas nos quite este servizo, e se o fan tamén quitarán unha enfermeira».
A conclusión á que chegan é que «o noso centro de saúde está en perigo de desmantelamento, por iso esiximos Pediatría todos os días e pedimos aos veciños que acudan o mércores».