lunes, 16 de marzo de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA A gala dos Oscar 2026, en directo: Paul Thomas Anderson consegue a súa primeira estatueta
Galego Castelán

TÍTULO: «Quería fuxir dos clixés da música de autor e folc»

TÍTULO: «Quería fuxir dos clixés da música de autor e folc»

CONTIDO:

Entrevista | Antía Muíño Cantautora galega

Antía Muíño vén de publicar «Anfibia por veces», o seu segundo disco. / Raso

Co seu primeiro álbum optou a un premio MIN e o single «Carta aberta» supera o millón de escoitas no Spotify.

A cantautora galega Antía Muíño regresa con «Anfibia por veces» (Raso Estudio, o mesmo de Baiuca), un disco cunhas sonoridades que namoran o corazón.

O 5 de marzo, actuará no Principal de Compostela e o 27 no Jofre, de Ferrol.

Reflexión sobre a identidade e o disco

—Séntese ‘anfibia por veces’?

É o título dun tema no que reflexiono sobre a identidade, sobre o meu lugar no mundo e na terra que habito.

Alude á humidade, á auga, á choiva. Pero tamén o escollín por outra connotación. O anfibio vive en distintos elementos en principio antagónicos.

O disco busca distintas sonoridades e todas forman parte de min sen disfraz aínda que hai moito contraste sonoro e letrístico.

Hai temas intimistas e introspectivos e outros son unha celebración da vida. É o reflexo da vida.

Melancolía, amor e celebración

—Pero fala de que lle doe a aterra, de que sente dor, do tempo…

Hai momentos de melancolía non como tristura senón como unha ollada consciente ao pasado, ao presente pero con optimismo.

Son unha persoa tendente á melancolía e á nostalxia pero son optimista. Ás veces, dóenme certas cousas pero teño que atopar os espazos de alegría para aprender a vivir con iso.

—O amor está presente pero semella que foi quedando atrás.

Pode ser amor romántico, á terra ou a amizades. «Amor fugaz» é unha canción de despeito pero irónica, sen drama intenso.

Por iso o pensei como un pasadoble, como algo máis bailable.

O tempo, o presente e a creación musical

—Tamén sobresaen cuestións sobre o presente con referencias a «esta vida tan estraña» ou ao tempo lento que se necesita en contraposición coa voráxine.

As reflexións acerca do presente do momento no que vivimos é algo que forma parte das miñas letras.

Para min, escribir é un bálsamo, unha maneira terapéutica de expresar o que sinto.

Hai moitas cousas do mundo moderno coas que non me sinto cómoda ou identificada. Non son nada amiga das présas e da voráxine.

Canto a vivir lento, a vivir con atención, para ter unha mirada consciente. Aí é onde podemos atopar a felicidade.

É imposible illarse porque eu son filla do meu tempo e estou nas redes e na industria pero trato de buscar un equilibrio. A música é unha maneira de levalo a cabo.

Gravación, liberdade e tradición

Quería traballar con el para fuxir dalgúns clixés da música de autor ou folc pero sen perder a miña esencia.

El é moi respectuoso e ten moitos referentes. Ademais gravamos case todos os temas en directo con todos os músicos na sala.

Si, e é complicado e non é habitual. Ten os seus pros e os seus contras.

Pero respírase unha organicidade na gravación, nótase que estabamos xuntas tocando. Quizais hai algunha imperfección pero é un elemento de valor engadido.

—Agradezo este disco porque faise necesaria outra viraxe para o tradicional que conviva co tradi puro e o electrotradi.

O importante é atopar no que cada unha se sinta cómoda. Na diversidade está a beleza da nosa escena galega.

Neste disco, os instrumentos son reais. O tema «Augha desa fonte», con Lilaina, construíuse en base ao minimalismo con cantareiras e instrumentos tradicionais.

Conseguimos que tivese forza sen nada máis. Ese era o obxectivo. É unha chamada de atención de que se pode conseguir enerxía e movemento en base ao acústico.

—Sentiuse libre para este segundo disco?

Importa como se vai recibir porque eu vivo disto e quero que chegue ao maior número de xente posible; pero traballei sempre dende a liberdade.

É imposible traballar con expectativas alleas: nunca sabes a quen vai gustar.

Compartir esta nova

C

Carmen Dorado

Periodista especializada en cultura y sociedad gallega. Colaboradora habitual en medios digitales del noroeste peninsular.