Ramona Cortiñas López celebrou o 25 de febreiro o seu 103 aniversario rodeada da súa familia na súa casa de O Pereiro, en Alfoz.
Con motivo desta celebración, a alcaldesa, Efigenia Maseda, achegouse este domingo ao seu domicilio para felicitala e entregarlle unha cesta de froita e flores.
"Cando alguén cumpre 103 anos, non se trata só dunha cifra, trátase dunha vida enteira chea de momentos, de traballo, de familia e de historias que forman parte tamén do noso Alfoz", asegurou a rexedora.
Desde o Concello de Alfoz quixeron desexarlle un feliz aniversario.