Aparcadoiro disuasorio na Concha. / Iñaki Abella
O Concello de Vilagarcía adxudicou á empresa catalá Cinnia Tech o deseño da aplicación móbil que combinará información turística coa xestión da mobilidade.
Deste xeito, os usuarios poderán saber as prazas libres nos aparcadoiros disuasorios, entre outras cousas, ademais de poder resolver dúbidas en tempo real grazas a un chatbot.
Un proxecto innovador para a cidade
O prezo é de 204.900 euros e, ademais disto, crearase unha web, instalarase un quiosco táctil na oficina da Peixería e colocaranse dez tótems dixitais cos lectores de matrículas.
O que tamén permitirá xestionar mellor os tráficos. O prazo de execución é de seis meses.