CONTIDO:
Un percorrido polas camelias de Castrelos / Marta G. Brea
A pesares das incesantes choivas que inundaron Vigo nos últimos meses, os xardíns e os campos da cidade finalmente floreceron.
Foron primeiro as magnolias, que son as que anuncian que a primavera está cerca, pero tamén os rododendros e as camelias.
A chegada da primavera
En zonas verdes como Castrelos, onde hai unha coidada selección de todas elas, a postal resultante suxire que os días húmidos e grises xa están de despedida.