A visibilidade que gañaron nas últimas semanas varios concelleiros socialistas da cidade de Lugo, por moito que as efemérides e a actualidade a favorezan, pode suxerir que o alcalde, Miguel Fernández, se está a tomar en serio a necesidade de cohesionar o grupo e de tratar de aproveitar as fortalezas que ten cada un dos seus membros.
O papel de María Reigosa no goberno local
Cuestión distinta é o caso de María Reigosa, que se mantén no goberno aínda que renunciou á militancia e ás funcións que tiña, desmarcouse en varias ocasións e, con algúns xestos, amosa certa cercanía ao PP.
Esta semana a concelleira asistiu a unha das reunións que os populares están a facer cos veciños para informarlles do plan de mobilidade que elaborou o goberno para a cidade, pendente de aprobación definitiva.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Di que, con independencia do estudo que ela mesma fará do documento, quere ter outros puntos de vista e palpar a opinión dos veciños.
O PP, coñecedor das intencións de Reigosa, animouna a acudir a todas as que queira, ao igual que este venres fixo a propia voceira, Elena Candia, co resto dos membros do goberno.
A líder do PP considera tan prexudicial o que se propón nese documento que cre que en realidade non o coñecen a fondo e que non son conscientes de como se percibe.
Candia restoulle importancia á presenza de Reigosa porque cre que, en realidade, a concelleira xa case está fóra do goberno. O que pode significar moito ou nada, segundo se mire.
É indiscutible que á aspirante popular á alcaldía lle vai ben que o PSOE teña problemas. É máis discutible que lle interese buscar a alianza de Reigosa para tratar de sacarlle o goberno ao bipartito.
Hipóteses sobre unha moción de censura
Unha operación deste tipo sempre é arriscada, por moito que o propio PP as estea facendo noutros concellos de Lugo e de Galicia.
En moitos casos valése de concelleiros de grupos independentes saídos, algúns deles, das filas socialistas e nacionalistas.
Ás veces a peor cuña é a da mesma madeira.
No caso de Lugo, o proceder de Reigosa xera máis dúbidas sobre ata que punto o descontento que ten co PSOE —por feitos pasados e alleos ao Concello e pola acción municipal actual— a pode levar a cambiar de bando.
Entre outras razóns porque, en ocasións, as súas decisións semellan un tanto emocionais e incluso erráticas. Ela mesma recoñece que, en ocasións, inflúe a falta de coñecemento das dinámicas e dos procedementos municipais.
Hai máis elementos en contra para unha moción de censura. O tempo é un factor clave. Na práctica queda un ano para as eleccións municipais.
O coñecemento da cidade e do Concello por parte de Candia non ten nada que ver co de 2023, cando estaba recén chegada. E coa axuda da Xunta, probablemente fose capaz de sacar adiante asuntos neste escaso tempo.
Engádese que, entre o persoal municipal, apréciase como algún vai virando, quizais por certas ganas de cambio e por preocupación coa situación actual.
É indubidable que calquera proceso nas urnas se afronta mellor dende o poder, pero Candia sabe que lle esperaría un ano infernal e que activaría como de ningún outro xeito a esquerda.
E a capacidade mobilizadora desta é coñecida. A presión a Candia para que dea un paso adiante aumenta. Pero ás veces renta máis non ter presa.
Nova etapa na Deputación da Xunta
Carmela López chegou á presidencia da Deputación da Xunta de forma totalmente inesperada, nunhas circunstancias moi complicadas e con pouco máis dun ano por diante para exercer.
Pero parece disposta a dalo todo, a darlle un aire novo á institución e a tentar amigala cos concellos.
A entrevista co alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, que levaba sete anos sen ser recibido é unha declaración de intencións, aínda que sexa dentro da rolda con todos os rexedores.
As valoracións de rexedores populares, como o de Begonte e o de Ribadeo, tamén son significativas, aínda que de paso algún mande algún recado ao seu partido.
Retos e perspectivas para o socialismo galego
López está a amosar habilidade, porque do mesmo xeito que se está a apoiar en deputados que poden ter certo desgaste pero son os que mellor coñecen a institución e mesmo unha parte importante do partido, dálle visibilidade ao sector que era crítico con Tomé.
O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, interviu varias veces xa nos plenos ultimamente e tamén a rexedora de Guitiriz, Marisol Morandeira, está a ter máis presenza.
A acción da nova presidenta no só é xestual. O anuncio de que aliviará a carga dos concellos asumindo todo o coste das residencias da Deputación ten alcance. Aforraralles moitos cartos.
O PSOE non ten fácil revalidar o goberno provincial en 2027, pero semella que López quere deixar pegada. Quizais está nacendo unha nova figura con futuro no socialismo galego.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora