As mulleres que cambiaron o automóbil: inventos que hoxe levan todos os coches / Pixabay
A historia do automóbil adoita contarse a través de grandes fabricantes, enxeñeiros e pilotos, na súa maioría homes.
Con todo, moitas das innovacións que hoxe forman parte imprescindible de calquera vehículo ou da propia estrada levan sinatura feminina.
Sempre é conveniente lembrar o papel que desempeñaron numerosas pioneiras cuxas ideas axudaron a mellorar a seguridade e a condución tal e como a coñecemos hoxe.
Inventos que hoxe parecen evidentes naceron grazas á observación e creatividade de mulleres que souberon detectar problemas cotiás na mobilidade.
Aínda que aínda queda camiño por percorrer en termos de igualdade no sector, o seu legado demostra que as mulleres foron, e seguen sendo, un engrenaxe fundamental na evolución do automóbil.
E cada vez é máis habitual véllas tamén ao volante de autobuses, camións ou taxis, ou competindo no mundo do motor.
A liña divisoria na estrada: o legado de June MacCarroll
A comenzo do século XX, June MacCarroll, médica en California, viviu unha experiencia que acabaría cambiando a seguridade viaria.
En 1917, mentres conducía cara á súa consulta, un camión obrigouna a saír da estrada ao invadir o seu carril.
Aquel incidente fíxolle pensar que unha simple liña divisoria pintada na calzada tería evitado o perigo.
MacCarroll trasladou a súa proposta ás autoridades, pero inicialmente foi rexeitada.
Lonxe de abandonar a idea, decidiu actuar por conta propia. Pintou coas súas propias mans unha liña nun treito de estrada e, xunto a varias asociacións de mulleres, impulsou unha campaña para estender esta medida.
O resultado non tardou en chegar: en 1924 o estado de California aprobou a implantación de liñas divisorias en 5.600 quilómetros de estrada, unha práctica que hoxe se utiliza en todo o mundo.
Florence Lawrence e a sinalización moderna
Florence Lawrence (1886-1938) foi unha das grandes estrelas do cinema mudo, con case 300 películas na súa carreira.
Pero máis alá dos focos, tiña outra gran paixón: o automóbil.
Amante da mecánica, non só coleccionaba coches, senón que tamén os conducía e os arranxaba.
O seu interese por mellorar a condución levouna a deseñar un sistema que avisaba aos outros condutores das maniobras do vehículo.
Ideou un dispositivo en forma de brazo móbil que indicaba se o coche ía xirar, ademais dunha señal traseira que se activaba ao pisar o freo.
Na práctica, Lawrence inventara os intermitentes e a luz de freo.
Aínda que nunca chegou a patentalos, a súa idea sentou as bases dun dos sistemas de sinalización máis importantes na seguridade viaria.
Mary Anderson e o limpador do parabrisas
O limpador do parabrisas tamén ten orixe feminina.
A historia remóntase ao inverno de 1902 en Nova Iorque.
Durante unha viaxe en taxi xunto ás súas fillas, a empresaria e viticultora Mary Anderson (1866-1953) observou como o condutor tiña que deter o vehículo constantemente para limpar o parabrisas da choiva, a neve ou a sucidade.
A partir desa situación cotiá imaxinou un mecanismo que permitise limpar o cristal sen necesidade de parar o vehículo.
De regreso a casa, desenvolveu un sistema manual que se accionaba desde o interior do coche mediante unha palanca.
Anderson patentou o seu invento, pero nese momento ningunha empresa mostrou interese en fabricalo.
Anos despois, cando a patente xa caducara, o limpador do parabrisas comezou a instalarse de xeito xeneralizado nos automóbiles.
Outras pioneiras: Dorothy Levitt e Margaret A. Wilcox
Outra pioneira
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.