Un ano máis, o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS).
Nesta edición, oito nenos e nenas saharauís (catro nenos e catro nenas) están pasando o verán con familias amesás ata os días 5 e 6 de setembro, cando regresarán ao Sáhara.
A gran maioría repiten experiencia, e só unha familia é nova este ano, acollendo á nena Duaa.
Artículo #1013 | Actualizado: 08:10:03