Os colchóns caídos sobre a calzada do Corredo do Morrazo en Cangas, esta mañá. / Cedida
Susto no Corredor do Morrazo este mediodía en Cangas, cando os condutores se toparon con uns colchóns sobre a calzada.
Ocorreu á altura de Coiro, cando o vehículo perdeu parte da súa carga, que acabou espallada sobre o asfalto.
Retencións e retirada dos colchóns
Afortunadamente, o incidente non provocou ningún sinistro, pero si houbo retencións.
A Mancomunidade procedeu á súa retirada.
Outro incidente na autovía
Non foi o único sobresalto da mañá nesta estrada, neste caso no seu tramo como autovía, xa que tamén tiveron que retirar uns restos de pladur.
Ocorreu ao seu paso por Moaña, na altura do quilómetro 8 en sentido Vigo.
Intervención do 112
O 112 recibiu o aviso dun particular sobre as 11:20 horas, e corenta minutos despois a vía xa estaba despexada tras retirarse o material.
Neste caso tampouco se rexistraron sinistros.
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.