viernes, 24 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Galicia invierte en Atención Primaria menos de la mitad de lo aconsejado
Galego Castelán

8-M coas pioneiras da música, tecido comunitario e lectura

8-M coas pioneiras da música, tecido comunitario e lectura

Mulleres homenaxeadas no 8-M de Mos. | // D.P.

O Concello de Mos celebrará este domingo ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso o acto central da programación municipal do Día Internacional da Muller, unha cita que este ano estará dedicada ás pioneiras da música do municipio baixo o lema «A música é nosa».

O evento quere recoñecer e poñer en valor o papel das mulleres que, ao longo dos anos, contribuíron a construír a identidade musical de Mos, abrindo camiño en ámbitos nos que durante moito tempo a presenza feminina foi minoritaria.

Recoñecemento ás pioneiras da música

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca que «Mos é música e forma parte da nosa identidade colectiva. Con este acto queremos recoñecer ás mulleres que, con talento, esforzo e valentía, fixeron posible que a nosa tradición musical chegase ata hoxe».

Durante o acto realizarase unha homenaxe simbólica a través de representantes de diferentes ámbitos musicais, que simbolizan o labor de moitas outras mulleres que contribuíron ao desenvolvemento cultural do municipio.

No ámbito da dirección musical, serán recoñecidas Inés Lorenzo, primeira directora da Banda de Música Xuvenil de Torroso, e Ángeles Lorenzo, directora da Banda de Música Xuvenil de Torroso e primeira directora do Conservatorio e Escola de Música de Torroso.

No apartado vocal e artístico, o acto contará coa presenza da recoñecida cantante Uxía e do grupo Malvela, referentes da música tradicional galega.

Tamén se recoñecerá o traballo das pandeireiras Marisé Balado e Ana Senlle, así como das gaiteiras Rocío e Alicia, distinguidas no festival Abrente Folk como pioneiras e que continúan transmitindo a tradición como mestras e gaiteiras na Asociación Veciñal Nosa Terra Pereiras.

No ámbito das rondallas, o recoñecemento recae nas directoras Irene Anta e Lorena Castro, referentes na dirección destas agrupacións tan representativas da tradición musical mosense.

Formará parte tamén desta homenaxe Ángeles Davila, directora da Coral Ventos do Val e docente na Escola de Música de Torroso, polo seu labor continuado na dinamización cultural.

Educación musical e transmisión de valores

No ámbito da formación musical, serán destacadas Vicky Pérez, mestra de música no CEIP Atín-Cela, e Raquel Domínguez Senlle, docente no CEIP de Petelos, polo seu traballo na educación musical e na transmisión de valores a través da música ás novas xeracións.

Xunto a estas representantes das pioneiras da música presentes no acto, o Concello de Mos quere tamén facer extensivo o recoñecemento a todas as mulleres que forman parte da súa historia musical, como Ana Belén de Pianagrama, primeira profesional do piano no municipio; Pili Lorenzo, primeira gaiteira tamén recoñecida no Abrente Folk e cantante de coro nas igrexas; Lucía, do grupo As Maimiñas e directora da escola de música Maison; as vocalistas Antía Caride e Érika Lewis; Mikaela, empresaria musical e cantante de orquestra; Marta Quintana, arpista; o grupo As Lagharteiras; Cari, de Tangaraño; ou Bea Ialma, entre outras.

Actuacións e coloquio

O acto contará tamén con diferentes actuacións musicais que acompañarán o desenvolvemento da homenaxe.

A pianista Lía Sáez interpretará varias pezas ao piano ao inicio e durante o evento, e o grupo Arume ofrecerá unha actuación musical no transcurso da ta

Compartir esta nova

S

Sofía Martínez

Periodista gallega especializada en información local y política. Licenciada en Periodismo por la USC. Redactora jefe de Galicia Universal.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🇪🇸 Castellano