miércoles, 15 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Colapso en la agenda médica de Vigo tras Semana Santa
Galego Castelán

Portosanto primeiro single do proxecto renovado de Nuno Pico

Portosanto primeiro single do proxecto renovado de Nuno Pico
Portosanto primeiro single do proxecto renovado de Nuno Pico

Nuno Pico, líder de Grande Amore, estrea un novo proxecto musical da man dos seus vellos compañeiros en Oh! Ayatollah: os ourensáns Anaís Fernández e Andrés Real; o burelao Xoel Xeada; e o lucense Simón Cuba. A súa nova aventura leva por nome Portosanto

Un novo rumbo: Portosanto

Os membros son os mesmos pero o enfoque e o nome do grupo dan un xiro. No seu perfil de Instagram explican de onde vén a idea de Portosanto.

Fano a través dunha historia fantástica sobre o naufraxio do Santa Carballido, un barco que saíu do Porto de Vigo cara América «á busca dunha vida mellor», ata que unha tormenta afundiu o navío.

CONTENIDO PATROCINADO
Playa Privada Salado Resort

Salado Golf & Beach Resort

Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.

Ofertas de alojamiento

Buscar en Hotels.com — hasta un 25% de descuento

Ver en Hotels.com → Publicidad
Conoce más →

Dícen que os superviventes lograron chegar a terra firme na illa de Portosanto, unha das que forman o arquipélago da Madeira. Os detalles desta aventura foron recollidos polo capitán André de Andrade no seu diario.

Registra tu dominio

Dominios .com, .es, .net y más de 500 extensiones. DNS gestionado incluido.

Buscar dominio →

Anos máis tarde, naquela mesma illa, só quedaban vestixios desa sociedade, pero, ademais do diario, atopouse unha bandeira que ondulaba no alto de Pena Xeada coa frase «ten que haber un sitio para nós». 

Unha publicación compartida de Ernie Records (@ernierecords)

Primeiro single e álbum homónimo

Con esta trepidante historia presentaron este xoves o seu primeiro single e adianto do seu futuro álbum homónimo Ten que haber un sitio para nós. Este disco gravárono da man do selo Ernie Records, quen deron a benvida nas súas redes sociais á nova banda galega. 

Orixes en Oh! Ayatollah e traxectoria

Oh! Ayatollah naceu en Santiago de Compostela. Formárono os mesmos integrantes xa mencionados, todos eles eran estudantes das facultades de Filoloxía e Xeografía, que se reuniron coa idea de crear un grupo de pop galego. 

Lanzaron en abril de 2016 o seu primeiro EP Nihilismo entusiasta e dous anos máis tarde o seu primeiro e único álbum Volve a canción protesta

Despois destes lanzamentos pasaron por múltiples escenarios e deron a coñecer no panorama musical galego. En 2019 o grupo entra nun período de inactividade que coincide co inicio do proxecto en solitario do seu cantante Nuno Pico, quen comeza a sacar cancións baixo o pseudónimo de Grande Amore.

Cos anos, foise convertendo nun éxito de vendas e, a día de hoxe, é un referente musical en Galicia

Un futuro paralelo para Nuno Pico

Para o alivio dos seus fans, Nuno Pico continuará co seu exitoso proxecto pero súmase á interesante e renovada proposta da banda galega. 

O artista con orixes no Valadouro confirmou, nunha entrevista para o medio Nós Diario, que estará a traballar en paralelo con Portosanto á vez que se mantén con Grande Amore.

Te puede interesar:

Te puede interesar:

Turismo en Galicia6.500+ establecimientos y planes

Albergue en SarriaCamino de Santiago desde Sarria

Turismo de GaliciaRutas, playas y gastronomía

¿Planeas visitar Galicia?

Encuentra hoteles, apartamentos y casas con las mejores ofertas

Buscar alojamiento en Hotels.com

Acumula sellos · Consigue noches gratis

Publicidad
Turismo en Galicia: Qué ver en Santiago de Compostela | Qué ver en Vigo

Compartir esta noticia

C

Carmen Dorado

Periodista especializada en cultura y sociedad gallega. Colaboradora habitual en medios digitales del noroeste peninsular.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🏴 Galego