
O Concello de Viveiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e a concellaría de Muller, organizou este sábado dentro dos actos para conmemorar o 8-M unha comida de confraternidade no restaurante Louzao, onde se citaron máis de cen mulleres de todo o municipio para desfrutar dunha agradable comida con amenización musical.
Actos do 8-M adiados e roteiro en feminino
O Concello pospuxo para este domingo o resto de actos inicialmente previstos este sábado. Arrincan ás doce do mediodía na sala multiusos do concello coa presentación do «roteiro en feminino» e coa lectura do manifesto institucional do Día Internacional da Muller.
A continuación levarase a cabo a ruta, que consistirá nun percorrido polas rúas de Viveiro co obxectivo de «poñer en valor a historia das mulleres da vila».
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
¿Buscas alojamiento en Galicia?
Compara precios en hoteles y apartamentos
Ver en Hotels.com → PublicidadEsta actividade contará co acompañamento do cronista oficial, Carlos Nuevo Cal, e levarase a cabo en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade Viveiro e con Antonio Lage Seara.
Hosting WordPress gestionado
Servidores optimizados para WordPress. LiteSpeed, SSL gratis y backups diarios.
Hosting WordPress →Próxima mesa redonda sobre boas prácticas
O programa municipal completarase o próximo venres 13 ás oito da tarde no concello —de novo na sala multiusos municipal— coa mesa redonda Lidera+ «centrada en boas prácticas, muller, emprego e inclusión», segundo avanzan desde o goberno.
Esta actividade está organizada por Bumei Galicia en colaboración co Concello de Viveiro e a entrada é libre ata completar o aforo.
Obxectivos das actividades
Estas actividades do programa municipal están orientadas «á visibilización da historia das mulleres, á convivencia e á reflexión arredor da igualdade», sinalan.
Te puede interesar:
Te puede interesar:
Turismo de Galicia — Rutas, playas y gastronomía
Albergue en Sarria — Camino de Santiago desde Sarria
Alojamientos en Galicia — Hoteles, casas rurales y apartamentos
¿Planeas visitar Galicia?
Encuentra hoteles, apartamentos y casas con las mejores ofertas
Buscar alojamiento en Hotels.comAcumula sellos · Consigue noches gratis
Publicidad
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.