É unha actriz polifacética, onde se sinte como peixe na auga?
Improvisando, cun espectáculo como o deste venres en Celeiro.
O espectáculo ‘ImproConas’
Como é ‘ImproConas’?
‘ImproConas’ é un espectáculo de improvisación teatral orientado ás mulleres, no tocante a profesións, situacións… Todos os xogos van enfocados a contar historias de mulleres en diferentes épocas e ámbitos, coa participación do público que decide moitas cousas; a partir do que nos din improvisamos as escenas.
Por que o nome ‘ImproConas’?
Agora hai máis compañías. Quixemos facer un grupo só de mulleres e darlle un nome potente, pareceunos unha boa idea ese. Nun sitio pedíronnos se podíamos cambiar o nome, dixemos que non.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →A esencia non se cambia. Se alguén non quere escoitar a palabra conas, que non nos chame.
Improvisación e comedia
A improvisación xorde ou hai preparación previa?
É improvisado, pero si hai entreno detrás, os xogos entrénanse unha vez á semana para estar activas e frescas.
Improvisando pode haber erros.
Non hai erros, é diversión. Neste rollo se cometes un erro é divertido.
En clave comedia o público empatiza co erro, gústalle ver á improvisadora en problemas.
Prefire o drama ou a comedia?
A min moitos compañeiros e profesores dinme que son boa no drama. Se podo escoller fago comedia, pero se me chaman para facer drama tamén o fago, pero prefiro facer rir que chorar.
Xa hai abonda tristura na vida…
Iso di miña nai. Gústalle moito ir ao teatro e decide ver obras cómicas, porque ela di que xa hai moitas penurias na vida, que é máis sanador rir, e eu penso igual.
Referentes e humor galego
Ten algún actor ou actriz que sexa o seu preferido?
Teño tantos actores e actrices preferidas, pero desde que era unha nena gústame Julia Roberts, paréceme unha actriz moi natural, sobre todo nos seus comezos.
E en canto a humoristas?
A galega Lucía Veiga, é unha crack, moi espontánea, fai improvisación, ten unha ‘vis cómica’ que me gusta moito, ademais é unha boa compañeira.
Ter referentes galegos tamén é unha cousa boa. E espero algún día ser o referente dalgunha chavala.
Din que en Galicia hai un sentido do humor distinto, que pensa?
Si, a retranca galega existe en nós, é unha cousa innata, é algo que nos fai únicos.
Creo que está empezando a cambiar un pouco o humor. Penso que a veces o humor galego da TVG é un pouco rancio, ridiculiza un pouco o galego. Moitos estamos intentando desligarnos diso.
Paréceme que hai que cambiar un pouco a perspectiva, sendo galego igual pero non ridiculizando.
Inspiración, dificultades e público
En que se inspira?
En situacións cotiás, na vida mesma, sobre todo na loita que temos moitos actores para seguir adiante e contar historias.
Somos moitos e traballan poucos, a nivel audiovisual sempre están os mesmos. A veces é agotador ter que loitar tanto.
Que facemos? Nos autoproducimos, facemos creación propia, porque está difícil.
Superar as dificultades enriquece a longo prazo.
Hai 15 anos, queixábame, e hoxe valoro todo o esforzo que fixemos ao longo do tempo.
Na miña compañía todas as obras son escritas e dirixidas por nós, iso cúrtete.
É fácil conectar co público?
Depende, polo xeral teño a sorte de que sempre conecto, pero tenme pasado nalgúns sitios que a praza está dificil de torear.
Enfocan os espectáculos ao público?
Si, pero este é un espectáculo moi gamberro, pero funciona moi ben. Hai sitios onde digo que non é para este tipo de público e adaptámonos.
Se vemos que o público é gamberro ou máis coitadiño, fluimos sobre a marcha. Se hai nenos cortaste ou fas cousas máis de tapadillo.
Vocación e lingua
Cando se decata de que quería actuar diante do público?
Cando era unha nena, con 5 ou 6 anos. Estiven en teatro no cole, no instituto, na escola municipal de Cangas do Morrazo, e logo xa me anotei á Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESADG), que non estaba moi decidida, pero miña nai dixo; ‘Vai’ e aí fun.
Animárona?
Si, meus pais sempre, os meus amigos apoiáronme.
Actúan sempre en galego?
Non, depende, Mesturamos bastante, tamén en Galicia. Intentamos facelo sempre en galego, facemos unha mescolanza.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora