lunes, 16 de marzo de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA O Goberno anuncia que "dará a batalla" aos Franco pola indemnización do Pazo de Meirás
Galego Castelán

79-67. O Ensino quere e non pode ante o Jairis

79-67. O Ensino quere e non pode ante o Jairis

O Durán Maquinaria Ensino cedeu ante o Hozono Jairis (79-67) nun encontro no que o conxunto murciano estivo sempre por diante no marcador. O cadro lucense ameazou con engancharse en varias ocasións, pero nunca puido dar o paso e, co paso dos minutos, perdeu ideas e capacidade en ataque.

Inicio dominante do Jairis

O partido comezou cun Jairis moi forte (12-4, m.3) e Bertsch facendo moito dano na zona ante un Ensino que resistía grazas ao acerto de Lydia Giomi (8 puntos). As lucenses sufriron tamén no xogo exterior, pero os axustes en defensa permitíronlle igualar o duelo (21-18).

Problemas defensivos e vantaxe ao descanso

No segundo cuarto, o conxunto que adestra Suso Garrido chegou a igualar o marcador, pero a continuación encaixou un parcial de 8-0 (31-23). Volvían os problemas en defensa e seguían en ataque.

Ademais, Lydia Giomi cometeu a terceira falta, algo que tamén condicionaría o xogo na segunda metade. Con Ayuso na dirección, o Jairis puxo a directa para chegar ao vestiario cunha vantaxe importante (46-35).

O Ensino acusa a falta de acerto

Nesa primeira parte, o Ensino botou en falta o acerto de xogadoras como Flórez, Haidara ou Tate ante un rival coa dupla Ayuso-Berstch facendo moito dano.

Un terceiro cuarto sen reacción

O terceiro cuarto amosou a dous conxuntos que estiveron realmente erráticos neses primeiros minutos, moi precipitados e sen achega desde fóra. O mellor para o Ensino era que dentro dos erros, o Jairis non se ía no marcador (50-42).

De aí ao final do terceiro cuarto, as locais estiraron por enésima vez no marcador e o Ensino non remataba de collerlle o pulso ao encontro (58-44).

Nos minutos finais do choque, todo foi un querer e non poder por parte do Ensino, que non tivo acerto, salvo momentos puntuais de Imani Tate e Haidara; pero xa con Giomi bastante condicionada en defensa e co acerto do primeiro cuarto.

O partido ía rematando e aí as últimas posibilidades para un Ensino que onte quería e estivo a remolque dende os primeiros minutos. As lucenses estiveron ben no rebote, pero intermitentes en ataque nun duelo tamén moi físico, quizais demasiado.

Compartir esta nova

M

Miguel Ángel Vázquez

Redactor especializado en economía y empresas. Cubre la actualidad económica de Galicia y España para Galicia Universal.