12.00h. Manifestacións do 8-M. Organiza a Plataforma Feminista. Sae de diante da Xunta e remata en Santa María.
A do Foto feminista xúntase na porta falsa e remata no fondo da Praza Maior.
Actividades e obradoiros feministas
Mañá e tarde. Os colectivos feministas da Terra Chá organizan unha mesa redonda sobre a participación da muller en espazos colectivos, ás 11.00 horas na sala de exposicións do auditorio.
Ás 13.30, na Praza da Constitución, haberá unha concentración e lectura de manifesto, á que seguirá unha comida de confraternidade.
Ás 16.00, Branca Villares impartirá o obradoiro 'Revolta de ferreñas e cantares de liberación', no auditorio.
11.00h. Actuación do dúo Muller, formado por Noelia Geada e David Taboada. Praza de Santa María.
17.00h. Amenizado polo dúo Epo-k. Haberá un sorteo entre as persoas asistentes. Centro Cultural e Recreativo.
19.00h. Recital no que intervirán a aula de canto do conservatorio Xoán Montes de Lugo e Sabela Cornide (clarinete) e Zaira Goás (saxofón). Auditorio municipal.
Eventos culturais e deportivos
12.00h. Roteiro Teatralizado do 8-M. Organiza a agrupación teatral Xa-Tá en colaboración co Concello e coa asociación de mulleres rurais. Saída de diante do consistorio.
19.00h. Espectáculo 'Tula Varona', para público adulto e que fala da forza e personalidade dunha muller adiantada ao seu tempo. Incluído no programa Dinamizartj. Escola habaneira de Roupar.
16.00h. O CDR Ancares e a asociación Argalleiras organizan actos polo 8-M, con espectáculo de narración oral a cargo de Lîla Teatro, música con Son de Cores e Os Xardois, ademais de merenda e doces para as persoas asistentes. Actividade aberta a quen desexe asistir. Pallozas de San Román.
16.00h. Andaina duns catro quilómetros de percorrido que partirá desde a Praza do Concello e irá polos arredores da localidade, cunha guía que falará de mulleres relevantes de onte e de hoxe.
Para rematar, haberá unha chocolatada para as persoas participantes. Praza Nova.
17.00 h. Proxección do vídeo '8-M, 8 mulleres emprendedoras no rural', tras a que haberá unha charla aberta ao público para abordar o emprendemento feminino. Casa da cultura de Outeiro de Rei.
18.00 h. O grupo As Improdutivas leva a Castroverde o seu espectáculo 'A impro teatral das pioneiras'. Entrada de balde. Centro sociocultural Paco Pestana.
19.00 h. Representación da obra 'María Visitación Consolación Amadora'. Centro sociocultural Mingos de Pita.
Actividades en Arzúa e noutras localidades
11.00 h. Pedaladas pola igualdade. Ruta circular en bicicleta de 4 km por Arzúa. Saída: Praza de Galiza.
18.00 h. 'Escape Room' pola igualdade na Praza de Abastos.
12.45 h. Lectura do Manifesto na Feira do Viño.
11.30 h. Celebración da Carreira da Muller, que rematará cunha sesión vermú a cargo de Lorena do Val. Saída na Rúa da Liberdade e meta no paseo do Malecón.
12.00 h. Manifestación feminista organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade xunto a outras asociacións de mulleres e coa colaboración do Concello con saída do aparcadoiro municipal.
20.00 h. Teatro do Noroeste representa a obra 'Manual de patronaxe'. No auditorio.
17.00 h. Andaina con saída do centro cívico para a que se fan inscricións no departamento de servizos sociais.
18.30 h. Chocolatada e recoñecemento ás primeiras emprendedoras do municipio. No salón de actos.
20.00 h. O colectivo cultural Ollomao representa 'A muller soa' de Franca Rame e Dario Fo. Nos colexios vellos de San Miguel.
17.30 h. Charla da médica de Atención Primaria no centro de saúde laurentino Alba Blanco Vázquez baixo o título 'Prevención secundaria centrada na muller'.
Acompañará o acto o grupo Os dos Martes da asociación Osorio Gutiérrez. No salón de actos.
17.30 h. Lectura do manifesto institucional e actividade para todos os públicos Sementando Igualdade. No parque Rosalía de Castro.
Deporte e Feira do Viño
Baloncesto
12.15 h. Partido da Liga ACB entre o CB Breogán e o FC Barcelona. Pazo dos Deportes
Fútbol
16.30 h. Lugo B-Compostela. Terceira RFEF. A Cheda.
Feira do Viño
11:30 h. “Agrupación Castro Candaz”.
12:00 h. Charanga “NBA”.
12:30 h. Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
13:00 h. Pregón da XLIII Feira do Viño a cargo de “D. Roberto Vilar”.
13:30 h. Entrega de premios da XLIII Feira do Viño de Chantada.
16:30 h. Charanga “NBA”, Charanga “Bandiños Band”.
21:00 h. Orquestra Saudade.
00.30 h. Peche de stands.