12.00h. Manifestacións do 8-M. Organiza a Plataforma Feminista. Saen diante da Xunta e rematan en Santa María.
A do Foto feminista xúntase na porta falsa e remata ao fondo da Praza Maior.
Actividades e obradoiros feministas
Mañá e tarde. Os colectivos feministas de Terra Chá organizan unha mesa redonda sobre a participación da muller en espazos colectivos, ás 11.00 horas na sala de exposicións do auditorio.
Ás 13.30, na Praza da Constitución, haberá unha concentración e lectura do manifesto, á que seguirá unha comida de confraternidade.
Ás 16.00, Branca Villares impartirá o obradoiro ‘Revolta de ferreñas e cantares de liberación’, no auditorio.
11.00h. Actuación do dúo Muller, formado por Noelia Geada e David Taboada. Praza de Santa María.
17.00h. Amenizado polo dúo Epo-k. Haberá un sorteo entre os asistentes. Centro Cultural e Recreativo.
19.00h. Recital no que intervirán a aula de canto do conservatorio Xoán Montes de Lugo e Sabela Cornide (clarinete) e Zaira Goás (saxofón). Auditorio municipal.
Eventos culturais e deportivos
12.00h. Roteiro Teatralizado do 8-M. Organiza a agrupación teatral Xa-Tá en colaboración co Concello e coa asociación de mulleres rurais. Saída diante do consistorio.
19.00h. Espectáculo ‘Tula Varona’, para público adulto e que fala da forza e personalidade dunha muller adiantada ao seu tempo. Incluído no programa Dinamizartj. Escola habaneira de Roupar.
16.00h. O CDR Ancares e a asociación Argalleiras organizan actos polo 8-M, con espectáculo de narración oral a cargo de Lîla Teatro, música con Son de Cores e Os Xardois, ademais de merenda e doces para os asistentes. Actividade aberta a quen desexe asistir. Pallozas de San Román.
16.00h. Camiñada duns catro quilómetros de percorrido que partirá desde a Praza do Concello e percorrerá os arredores da localidade, cunha guía que falará de mulleres relevantes de onte e de hoxe.
Para rematar, haberá unha chocolatada para os participantes. Praza Nova.
17.00h. Proxección do vídeo ‘8-M, 8 mulleres emprendedoras no rural’, tras a que haberá unha charla aberta ao público para abordar o emprendemento feminino. Casa da cultura de Outeiro de Rei.
18.00h. O grupo As Improdutivas leva a Castroverde o seu espectáculo ‘A impro teatral das pioneiras’. Entrada gratuita. Centro sociocultural Paco Pestana.
19.00h. Representación da obra ‘María Visitación Consolación Amadora’. Centro sociocultural Mingos de Pita
Actividades en Arzúa e outras localidades
11.00h. Pedaladas pola igualdade. Ruta circular en bicicleta de 4 km por Arzúa. Saída: Praza de Galiza
18.00h. ‘Escape Room’ pola igualdade na Praza de Abastos
12.45h. Lectura do Manifesto na Feira do Viño.
11.30h. Celebración da Carreira da Muller, que finalizará cunha sesión vermú a cargo de Lore
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.