10.00 h. Arrinca a última xornada de Funtastik No Limits, un parque multiaventura que ofrece, entre outras actividades, circuítos inchables, zonas de salto e aventura ou retos de habilidade e coordinación. Pazo de Feiras.
11.00 e 12.30 h. O Vello Cárcere acolle dúas novas citas con contacontos para público infantil, nas que se presenta a historia 'A miña lingua, a túa lingua'. O aforo é limitado e pídese inscrición previa.
12.00 h. María Lires imparte o obradoiro de ilustración 'Rosalía de Castro', dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Biblioteca Nodal. As prazas son limitadas e precisa inscrición previa.
12.00 h. O colectivo A Hedreira organiza no seu local, en Catasol, 17, unha xornada sobre 'Vivenda e convivencia alternativa'.
12.30 h. O festival Lupercais arrinca cunha homenaxe a Luis Pimentel diante da estatua dedicada ao poeta na Praza Maior. Os actos do festival de poesía continuarán, no Vello Cárcere, ás 18.00 horas, con intervencións de Manuel Vázquez, Almudena Otero Villena, Jorge Teixeira e Simón Rodríguez. Ás 19.30 horas participarán Xosé Miranda, Marcos Canteli e Helena Salgueiro. A xornada pechará cunha proposta performativa de Lola Nieto.
19.00 h. Charla sobre o proceso de regularización extraordinaria de inmigrantes, que organiza o Concello e que impartirá Waldir Sinisterra. Salón de actos da Deputación.
19.15 h. O Pazo dos Deportes é escenario do encontro Durán Maquinaria Ensino-Gran Canaria, da Liga Feminina Endesa.
20.00 h. A Banda Filharmónica de Lugo ofrece un concerto con Pablo Marqués como director convidado. Círculo das Artes.
22.30 h. Teté Delgado e Julio Pereira protagonizan a obra 'Entre dous', que se presenta no club Clavicémbalo.
17.00 h. Proxección de 'A rebelión da lectura'. Centro sociocultural.
[FOTO: Imaxe relacionada co desenvolvemento dos acontecementos]
O contexto dos feitos
18.30 h. O polifacético artista Xurxo Souto chega coa súa obra 'A novela do bravú', na que fai un percorrido polos inicios do movemento. Casa museo Manuel María.
14.00 h. Xantar de confraternidade en honra de quen foi director do centro sociocomunitario da localidade durante catro décadas. Restaurante Montero.
21.30 h. Espectáculo de maxia para socios do Centro Cultural e Recreativo.
20.30 h. Carlos Gómez Osa interpreta cancións con nome de muller nun recital organizado polo Iescha dentro dos actos de homenaxe a Rosalía de Castro. Acompáñano Lois Cuba, Rosana Domínguez e o minicoro da Esmuvi. Auditorio municipal.
12.00 h. O Concello nomeará fillo adoptivo ao exalcalde begontés José Antonio Vázquez García e fillo predilecto a Jesús Domínguez Guizán, párroco e promotor do belén electrónico. Casa da cultura.
18.00 h a 21.00 h. Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de regueifa pola tarde e, pola noite, foliada con Lambe Lambe, Treitoría e Foliadeir@s do Castro. Centro sociocultural.
20.00 h. Laboratorio Escénico estrea 'Monte', o seu novo espectáculo de danza contemporánea e música en directo, para todos os públicos. Auditorio municipal Cine Alovi.
11.30 h. Charla informativa organizada por SLG e Adega. Local do Darío de Gontán.
19.00 h. Acto para presentar o libro 'O San Cosme da Montaña' e no que intervirán o alcalde, José María López Rancaño; o bispo mindoniense, Fernando García Cadiñanos, e os coautores da obra, Andrés García Doural e Alberto Vigo García.
12.30 h. Presentación das actividades do programa Adral da Semana Santa de Viveiro e do cartel anunciador desta festa relixiosa declarada de interese turístico internacional. Concello.
[FOTO: Fotografía do lugar mencionado na nova]
Axenda cultural
20.30 h. Representación de ‘O proceso sainete sobre o proceso a Curros Enríquez por Aires da Miña Terra’ de Malasombra Teatro. Teatro Pastor Díaz.
18.00 h. Comezo do desfile de Entroido que organiza o Concello en colaboración con O Picato. Despois, servizo de bar e comida e entrega de premios á medianoite. Zona do colexio.
14.30 h. A agrupación cultural Francisco Lanza de Ribadeo organiza unha comida de confraternidade co Caldo de Gloria de Rosalía, ademais dun recital de poesía e música. Centro social.
20.00 h. Nicolás Ravelli dirixe un Ensemble Barroco centrado nun clave de época, nunha velada de música histórica. No centro cultural Santa Emilia.
21.30 h. Concerto de Eris Mackenzie, o proxecto musical de Carlos Eirís que combina electrónica de vangarda con elementos da tradición galega para crear unha linguaxe propia e fondamente emocional. Entradas en woutick.com. Na Conservera.
19.00 h. O profesor da USC e crítico literario Armando Requeixo presenta o libro 'Literatura insólita', no que o autor descobre a contorna da escrita e a intrahistoria da literatura. Na biblioteca.
19.30 h. Baile co dúo Eclipse. Tamén haberá bingo e chocolate co alumnado de segundo de bacharelato en colaboración coa oficina de voluntariado xuvenil. Na Casa do Mar.
11.00 h. Ofrenda floral diante da tumba do escritor no cemiterio vello presidida polo alcalde, Manuel Otero, e á que asistirán autoridades provinciais, autonómicas e comarcais.
12.00 h. Entrega do Cunqueiriano de Honra de 2026 a Luís Alonso Girgado. No salón de plenos do consistorio.
A partir das 10.00 h. Outlet de inverno da Aces en 33 negocios de Sarria.
12.00 h. O escritor Ignacio Castro presenta o libro 'Roxe de Sebes. Mil días na montaña'. Biblioteca Camilo Gonsar.
[FOTO: Vista panorámica da zona onde se desenvolven os feitos]
Un pouco de historia
22.30 h. Concerto do músico sarrián Habló Pablo. Sala Buril.
19.00 h. Proxección da curtametraxe 'Pura' e coloquio coa directora, Carmen Méndez. Local social do antigo mercado gandeiro.
10.00 h. Máis que románico organiza unha xornada dedicada á arquitectura románica da man do doutor en Historia da Arte Victoriano Nodar. Haberá actividades hoxe e mañá domingo e visita aos templos de Trives, Lobios, Diomondi e Eiré. Centro sociocultural do Ferreira de Pantón.
11.00 h. Obradoiro de pintura de dúas horas de duración para nenos a partir de catro anos. O custo da iniciativa é de 20 euros.
O prezo inclúe o lenzo e materiais e os pequenos levarán a súa creación para a casa. Casino Ateneo. Monforte.
Todo o día. Arzúa celebra por todo o alto a Festa do Queixo con case 80 queixerías e máis de 200 postos de alimentación ou artesanía, showcookings, actividades durante todo o día e, para pechar a xornada, os concertos gratuítos pola noite. Actuarán Dorian, Dakidarría, Dulzaro, Cool Nenas e Dogo. Multiusos Terra do Queixo e rúas da localidade.