Carlos Arévalo, padexeiro do Club Fluvial de Lugo, gañou no evento celebrado en Trasona (Asturias), ao cruzar a meta cun tempo de 1.42.37 minutos.
Vitoria no selectivo nacional
O padexeiro do Club Fluvial de Lugo Carlos Arévalo fíxose coa vitoria no primeiro selectivo nacional de sprint olímpico, celebrado en Trasona, ao cruzar a meta cun tempo de 1.42.37 minutos.
Superou a Adrián del Río (Club Escuela Piragüismo Aranjuez), segundo con 1:42.52, e a Alex Graneri (Real Club Náutico de Palma), terceiro con 1.42.85.
Prpraza para a Copa do Mundo
Con esta vitoria, Carlos Arévalo consegue a praza para representar a España na proba de k-1 500 nas dúas primeiras citas da Copa do Mundo.
Estas competicións disputaranse en Szeged (Hungría) e Brandenburgo (Alemaña), no mes de maio.
Clasificación e presenza galega
A disputa das finais do selectivo permitiu establecer a clasificación xeral da proba, que segundo os criterios federativos determina o grupo de doce padexeiros que pasan a formar parte do proxecto de embarcacións de equipo (k-2 e k-4) do equipo nacional masculino de kaiak.
Entre os que destaca a presenza de dous compañeiros de equipo de Arévalo: Francisco Cubelos, oitavo na final A con 1.51.14, e Rodrigo Germade (Club Fluvial de Lugo), terceiro na final B con 1:44.75.
Vindeiras citas e resultados en c-1
A composición definitiva destas embarcacións decidirase no selectivo nacional de embarcacións de equipo, previsto no encoro do Pontillón de Castro (Pontevedra) durante o mes de abril.
No selectivo de c-1 impúxose o ribadumiense Manuel Fontán (Club Náutico O Muiño de Ribadumia).
Diego Domínguez, do Club Fluvial de Lugo, foi quinto, e o seu compañeiro Jaime Duro rematou oitavo, polo que ambos optarán a gañarse un posto nas embarcacións por equipos no selectivo que terá lugar o vindeiro mes de abril.