CONTIDO:
Os baioneses desfrutan hoxe da primeira xornada da Festa da Arribada, a súa, antes de que a multitude de visitantes abarrote a vila durante o fin de semana. Para este día de protagonismo local, o programa reserva actos emotivos con pobos irmáns, inauguración de exposicións para saborealas con tranquilidade e tamén os espectáculos de rúa, o Real Mercado e o gran espazo gastronómico do entorno de Santa Liberata. Máis información