En un Consello de Ministros extraordinario celebrado este venres en Madrid, o Executivo deu luz verde a un paquete de medidas urxentes para afrontar o impacto económico derivado do conflito en Oriente Medio. A iniciativa, articulada en dous reais decretos-lei, combina rebaixas fiscais inmediatas —con recortes do IVE e outros tributos sobre a enerxía— con medidas sociais e reformas para impulsar a electrificación e a soberanía enerxética.
As medidas aprobadas e o seu alcance inmediato
Entre as actuacións máis visibles figura a redución do IVE do 21% ao 10% que grava combustibles, electricidade, gas natural e produtos de calefacción como pellets e leña. O Executivo tamén baixa o imposto especial sobre hidrocarburos ata o mínimo permitido pola UE e suspende temporalmente o imposto do 7% á produción eléctrica. Así mesmo, o imposto especial sobre a electricidade redúcese desde o actual 5,11% ata o 0,5%, e conxélase o prezo máximo da bombona de butano e propano.
Non todo o paquete recupera as axudas xeneralizadas de crises anteriores: o desconto universal de 20 céntimos por litro non volve. No seu lugar, o Goberno reservou esa bonificación —os famosísimos 20 céntimos— para profesionais e sectores especialmente afectados, como o transporte, a agricultura, a gandería e, de forma destacada para Galicia, a pesca. Tamén se contemplan axudas equivalentes para a compra de fertilizantes, unha vella reclamación dos produtores agrícolas.
No terreo da regulación e da competencia, reforzaranse as potestades da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) para supervisar e sancionar comportamentos oportunistas. O Executivo xustifica esta intervención para evitar que as empresas enerxéticas ou do carburante se aproveiten das axudas ou da coyuntura para inflar os seus márgenes. Ao mesmo tempo, establécese a prohibición de despedimentos obxectivos para aquelas compañías que reciban estas axudas vinculadas á crise.
O plan tamén incorpora incentivos fiscais para acelerar a transición: deducións no IRPF pola compra de vehículos eléctricos e híbridos enchufables, e pola instalación de placas solares, puntos de recarga ou bombas de calor. No Imposto sobre Sociedades recupérase a liberdade de amortización para investimentos renovables que substitúan equipos de combustibles fósiles. Os concellos poderán bonificar até un 50% do IBI para vivendas con sistemas renovables, e permítese unha bonificación de ata o 95% para obras e instalacións.
Da urxencia á política: por que o Executivo se viu empurrado a actuar
A decisión do Goberno chega tras semanas de tensión interna entre os socios da coalición e de presións externas pola escalada de prezos enerxéticos provocada pola guerra en Oriente Medio. Non é a primeira vez que un conflito xeopolítico obriga a activar instrumentos económicos de urxencia; cabe lembrar as medidas aprobadas na crise enerxética de 2021-2022. Nesta ocasión, o Executivo intentou combinar medidas inmediatas —para conter a factura doméstica e a das empresas— con reformar estruturais que reduzan a dependencia de combustibles importados.
Sumar, socio que condicionou a aprobación, conseguiu que un dos reais decretos incluíse iniciativas relacionadas coa vivenda, unha reivindicación recorrente nos acordos parlamentarios da pasada lexislatura. O paquete, ademais, prevé reforzar o bono social eléctrico —cos descontos para vulnerables pasando do 35% ao 42,5%, e para vulnerables severos do 50% ao 57,5%— e mellorar o bono social térmico, establecendo unha axuda mínima de 50 euros