O funeral celebrarase este luns na igrexa parroquial de Bértoa. / Cedida
Un neno de dous anos faleceu esta fin de semana en Carballo tras sufrir un atragoamento ao inxerir unha lambetada durante unha celebración familiar.
Os feitos sucederon o sábado. Ás 20.25 horas o 112 Galicia recibiu unha alerta a través de Urxencias Sanitarias 061, que mobilizou ata o lugar a profesionais médicos que, pese aos seus esforzos, nada puideron facer por salvar a vida do pequeno, a pesar de que lograron retirarlle a lambetada que inxerira, segundo informa Europa Press.
Ata o lugar tamén foron mobilizados axentes da Garda Civil e da Policía Local.
O pequeno está sendo velado nun tanatorio de Carballo e ás cinco da tarde celebrarase o funeral de corpo presente e, posteriormente, o enterro, no cemiterio parroquial de Bértoa.