Trump avisa na súa rede social que só parará ata a rendición incondicional de Irán / Axencias
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou este venres que as dúas condicións inapelables que Irán ten que cumprir para asinar un acordo de paz son a súa rendición sen ningún tipo de condicións e a elección dun líder que satisfaga os desexos da Administración norteamericana.
Condicións para a paz
"Non haberá acordo con Irán, salvo unha rendición incondicional e tras a elección dun gran líder aceptable", proclamou este venres.
Mensaxe en Truth Social
Nunha mensaxe publicada na súa plataforma Truth Social, Trump asegurou que a paz con Irán levará consigo o inicio dunha época de esplendor para ese país, en liña con outras mensaxes semellantes que proclamou sobre zonas de conflito, como Gaza.
"Nós, e moitos dos nosos marabillosos e valentes aliados e socios, traballaremos incansablemente para rescatar Irán do bordo da destrución, para que sexa, economicamente, máis grande, mellor e máis forte ca nunca", declarou Trump.
Un futuro prometedor segundo Trump
"Irán vai ter un gran futuro", remachou o presidente dos EUA antes de concluír a súa mensaxe cunha particular versión do seu lema ideolóxico por excelencia: "Fagamos Irán grande de novo (MIGA)".