A denominación de orixe (D.O.) Ribeira Sacra continúa afianzando a súa presenza internacional. As cifras de exportación do último exercicio amosan un incremento xeneralizado das vendas nos principais mercados, cun volume total que alcanza os 220.239 litros, fronte aos 202.459 rexistrados en 2024. O dato confirma a tendencia ascendente dunha denominación que, pese á súa limitada produción, mantén un atractivo crecente en mercados de alto valor engadido, onde demandan, sobre todo, viños de parcela cun lixeiro envellecemento en barricas de carballo.
O mercado estadounidense consolídase como o gran motor exterior da Ribeira Sacra. Con 64.060 litros importados. Estados Unidos non só encabeza a lista de destinos, senón que ademais rexistra un incremento respecto ao ano anterior. A demanda norteamericana continúa orientándose cara a viños singulares, de produción limitada e con forte identidade territorial, un perfil no que a Ribeira Sacra encaixa de forma natural. O segundo destino en volume é Canadá, que importou 22.238 litros, tamén por riba das cifras de 2024. O mercado canadense, tradicionalmente receptivo a viños atlánticos e de corte fresco, converteuse nun aliado estable para as adegas da denominación.
O norte de Europa mantén igualmente o seu interese. Dinamarca adquiriu 19.522 litros, mentres que Suecia alcanzou os 17.911 litros. Ambos países amosan un perfil de consumidor moi atento á sustentabilidade, á autenticidade e á trazabilidade, factores que a viticultura en bancais da Ribeira Sacra pode ofrecer con claridade. O Reino Unido, a pesar da incerteza comercial derivada do Brexit, continúa sendo un destino relevante, con 15.162 litros importados. A presenza neste mercado mantívose estable grazas ao labor de importadores especializados e á crecente visibilidade dos viños galegos na restauración británica. Pola súa banda, Noruega, con 15.096 litros, mantén a súa posición como mercado de referencia dentro do sistema de monopolios nórdicos, onde os viños de montaña e de produción artesanal adoitan ter boa acollida.
Aínda que a Ribeira Sacra exporta a un número notable de países, existen mercados onde a presenza é practicamente inexistente. Luxemburgo, Malta, Romanía, Bulgaria ou Arxentina, entre outros, figuran entre os destinos que non rexistraron importacións no último exercicio. Nalgúns casos, trátase de mercados pequenos ou con escasa tradición de consumo de viños atlánticos; noutros, a competencia local ou rexional dificulta a entrada de novas denominacións.
Adegas galegas gañan terreo en Norteamérica
O aumento das exportacións interprétase no sector como un sinal de madurez e consolidación. A Ribeira Sacra, caracterizada pola súa viticultura en pendentes extremas e por unha produción limitada, logrou posicionarse en segmentos onde o valor engadido pesa máis que o volume.
O recoñecemento internacional de variedades como a mencía, o brancellao ou o merenzao, xunto coa crecente demanda de viños de identidade marcada, favoreceu esta expansión. As adegas, pola súa parte, intensificaron a súa presenza en feiras internacionais e reforzaron a colaboración con importadores especializados.
As adegas da Ribeira Sacra pecharon 2025 cun sólido comportamento no mercado galego. En total, na comunidade comercializáronse 2.379.871 litros, unha cifra que confirma a fortaleza da marca no seu territorio natural e o peso que mantén entre os consumidores galegos. Por provincias, Lugo mantense como o gran bastión da Ribeira Sacra, con 815.533 litros vendidos. A provincia, que comparte territorio coa denominación, concentra boa parte da distribución local e do consumo na hostalaría, especialmente en zonas vinculadas ao turismo enolóxico. En segundo lugar sitúase A Coruña, con 775.789 litros, un dato que ref
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.