Priscila Retamozo (Arxentina, 1993) conta malia súa xuventude cunha longa experiencia no eido da igualdade.
Graduada en Ciencias Políticas pola USC, ten un máster en igualdade de xénero pola Universidade de Málaga, é coautora dos libros Comando igualdade e La revolución feminista en las aulas, estivo un ano na secretaría técnica da Onu Mujeres en Ecuador, entre outros, e é formadora en igualdade xunto con Cristina Louzán en Prisma Consultora, coa que impartiu obradoiros afectivo-sexuais en centros educativos de Ribadeo dentro do programa municipal do 8-M.
Obradoiros de igualdade en Ribadeo
Que actividades realizaron coa rapazada de Ribadeo?
Con quinto de primaria fixemos unha xincana da igualdade cunha serie de probas onde teñen que pasar polas distintas tarefas que ten unha familia nun día. Traballamos en quen fai esas tarefas e na importancia dos coidados.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Cos de sexto foi A fogueira da illa das reflexións onde falan dos estereotipos de xénero, dos roles… para abrir mediante o xogo un espazo seguro onde puideran falar das cousas que lles afectaban.
En terceiro da Eso a actividade era Hackeando o machismo onde falamos sobre as redes sociais ou os influencers e en cuarto da Eso o Buzón vermello sobre educación sexual, onde puideron facer preguntas ou comentar en relación aos seus vínculos, desde un punto de vista máis de emocións e de relacións que desde o punto de vista sexolóxico.
Tamén estivemos con alumnado de FP básica falando de como se informaban a través de TikTok e recomendando a importancia de recorrer a fontes oficiais.
Resposta do alumnado e preocupacións detectadas
Como foi a resposta do alumnado nestes talleres?
Moi boa, foron moi participativos e participativas e fixeron unhas valoracións moi positivas nas que cualificaban a actividade de moi necesaria e agradecían o xeito de poder falar destes temas sen xulgar pero dando claves, dende unha perspectiva crítica.
Pola nosa parte houbo algunha cousa que nos preocupou, por exemplo detectamos que en quinto de primaria estaban chegando a contidos pornográficos a través de gifs. Contaron que ás veces buscando gifs para presentacións de clase teñen atopado pornografía e iso non o detectan os controis parentais.
Aínda que con estes grupos a nosa actividade non ía específicamente diso, como temos a formación aproveitamos para falalo.
Noutras clases de sexto dase un consumo de porno en dispositivos móbiles a través de gifs ou de stickers que teñen en WhatsApp. Ás veces pasan enlaces a través de redes nos que poñen «os teus pais non queren que pinchas aquí» e ao pinchar aparece porno.
É bo que cando atopen contido deste tipo o falen cos pais ou os profesores, hai que apostar por espazos de seguridade»
Acceso temperán á pornografía
Resulta alarmante.
Moi alarmante, pero ao final é o reflexo do que nos din as estatísticas, os últimos estudos falan dun acceso á pornografía aos 12 anos e un primeiro acceso máis ou menos habitual aos 8 anos.
A partir da Eso un 75% dos rapaces consumen porno e ademais sen ningún outro tipo de alternativa educativa xa que hai unha falta de formación sexual.
Solucións e propostas educativas
Que solución lle ve?
É bo que o falen con persoas adultas, que conten que viron ou lles chegou ese contido. Hai que apostar por espazos de seguridade, non botar a bronca senón escoitar e acompañar.
Ademais de formacións puntuais como a que fixemos nós hai que procurar ter intervencións sostidas a través do profesorado e das familias, xa que son moi positivas. Doulle moito valor á rapazada porque co mundo dixital ao que se enfrontan, do que non temos nin idea, bastante ben están sendo capaces de lidiar con iso.
Debería haber una asignatura específica?
Sería estupendo, desde logo contido hai e os rapaces e rapazas necesitan falar, pasan gran parte do seu ocio online e ninguén lles fala deste mundo.
Como valora a prohibición de acceso ás redes sociais para menores de 16 anos?
É positiva no momento en que estamos pero só con iso non vai ser suficiente e incluso pode ser contraproducente, se non acompañamos estas políticas cunha educación integral.
Esta prohibición vai ter o poder da tentación, do oculto, e van atopar xeitos de acceder. Xa se están saltando os controis parentais porque saben como facelo.
O vindeiro venres volve a Ribadeo para as xornadas de corresponsabilidade.
Imos estar falando de novos referentes masculinos, de como avanzar cara a modelos máis igualitarios. Imos facer unha reflexión sobre os modelos de masculinidade que teñen os nenos e nenas e os rapaces e rapazas na sociedade actual, falando da presenza en redes socais, da influencia da pornografía, da machosfera…
Queremos abordalo cunha mirada en positivo e ver como podemos desmontar eses modelos de masculinidade baseados na dominación, na competitividade ou na desvalorización do feminino para acompañar á rapazada, que tamén é vítima dos discursos sexistas do machismo.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora